Home A Coruña A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo...

A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses, en prazo para garantir a súa execución

- Anuncio -
  • A Xunta lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas sobre a continuidade do proxecto e recorda que se están a cumprir escrupulosamente os prazos
  • Lembra que a cuarta e última fase que permitirá rematar por completo a obra corre a cargo do Concello de Betanzos e que aínda non presentou o seu proxecto
  •  Tras quedar desertas dúas licitacións, Turismo de Galicia abriu de xeito inmediato un proceso de negociado sen publicidade que está en fase de licitación

A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses no marco dos prazos estipulados para garantir a súa execución.

A Xunta de Galicia lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas da continuidade do proxecto de restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos, enmarcada no Plan Xacobeo Next Generation deseñado pola Xunta de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de 12 Bens de Interese Cultural de titularidade pública  vencellados ao Camiño de Santiago. Turismo de Galicia -de quen dependen estas dúas fases das obras- está a cumprir de xeito escrupuloso todos os prazos e, tras quedar deserto en dúas convocatorias, abriu inmediatamente un procedemento de negociado sen publicidade que está nestes momentos en fase de licitación.

As actuacións son a segunda e a terceira fase das obras e estrutúranse en dous lotes. Por unha banda, no primeiro dos lotes, realizarase a restauración da parte norte da primeira terraza, centrándose no chamado Estanque da Gruta, a Gruta da Recoleta para salvaguardar a súa unidade estilística. Tamén se recuperarán elementos escultóricos e arquitectónicos moi notables, que presentan nalgúns casos un estado semirruinoso e se actuará na Fonte das Catro Estacións.

No segundo lote, as actuacións inclúen restauración do circuito hidráulico e tratamento dos bordes do estanque do Retiro. O proxecto comprende incorporar as varandas de ferro fundido como unha parte do sistema hidráulico que permita con posterioridade e cando todo o sistema hidráulico do parque estea en funcionamento, que estas pilastras poidan funcionar como fontes.

Plan Xacobeo Next Generation

O proxecto de restauración do Parque do Pasatempo conta cun investimento global de 1,5M€ e están en proceso de licitación dúas das súas fases e resta aínda a cuarta e última fase que corre a cargo do Concello de Betanzos e aínda non presentou o proxecto. Esta iniciativa enmárcase nas distintas accións que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte do Plan Xacobeo Next Generation. Inclúe, entre outras accións, a posta en marcha de distintas liñas de axuda, a sinalización da rede cicloturística Eurovelo ou a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago, entre os que se encontra o Parque do Pasatempo.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas