Home Xunta de Galicia A vicesecretaría de Educación do PP de Ourense analiza a situación actual...

A vicesecretaría de Educación do PP de Ourense analiza a situación actual e retos de futuro do sistema educativo en Galicia

- Anuncio -

A vicesecretaría de Educación do Partido Popular de Ourense mantivo unha reunión de traballo, na sede provincial dos populares, co responsable Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do goberno galego, Román Rodríguez, acompañado polo vicesecretario de Educación do PPdeOU, Jesús Vázquez, así como as responsables das áreas de Ordenación e Innovación Educativa e de FP, Judith Fernández e Eugenia Pérez.

O encontro, no que participaron medio cento de profesionais do sector educativo e da docencia, serviu para analizar en profundidade a situación actual e os retos de futuro do sistema educativo en Galicia, así como para establecer un diálogo directo cos máximos responsables da administración no eido educativo e formularlles as necesidades, eivas e requerimentos que detectan a diario no desempeño do seu labor profesional.

Román Rodríguez puxo en valor a importancia de manter políticas estables para progresar e blindar a calidade do ensino “como vén facendo o PP desde 2009 na Xunta, comezando con Jesús Vázquez, de quen tomei o relevo”, lembrou.

O titular do departamento educativo da Xunta explicou que “a mellora do sistema desde entón non é algo subxectivo, senón unha variable medible en feitos como a redución do abandono educativo desde case o 26% de 2009 ao 10,8% de hoxe ou a posición de liderado que o alumnado galego ocupa hoxe en PISA, cando antes estaba por debaixo da media nacional”, dixo. Así mesmo, destacou que neste tempo se duplicou a matrícula de FP e se triplicou a inserción laboral nestas ensinanzas. “Aínda así, os novos retos que encara o ensino a nivel demográfico, social, tecnolóxico e ambiental obríganos a seguir traballando en novas fórmulas para continuar avanzando”, afirmou Román Rodríguez.

Relacionadas

A Xunta presenta a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e avanza na súa execución...

0
As entidades locais poderán solicitar en febreiro achegas de ata 60.000 euros para impulsar refuxios climáticos a nivel local, aumentar a biodiversidade dos espazos...

A Xunta aposta pola mocidade para celebrar o Día Europeo do 112 cunha xornada...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa nas actividades organizadas no Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro, onde incidiu na...

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento informa de xeito favorable o Plan...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, presidiu a reunión do Congacode, na que tamén se fixo balance do plan de 2024...

A Xunta renova o seu apoio ao Festival Internacional de Animación ‘Imaxinaria’ que organiza...

0
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse hoxe coa coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores, e...

Xosé Merelles analiza mañá co presidente da Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse esta mañá co presidente da Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedra (Feprotur), César...

A Xunta prevé estender este ano a un milleiro de establecementos o proxecto piloto...

0
― José González destacou que esta iniciativa é pioneira a nivel estatal e que se está a estender tamén á electricidade e á telefonía...

Publicacións Relacionadas