- José Flores Arias, mantivo onte unha xuntanza técnica telemática co alcade Manuel Campos Velay e cos voceiros dos grupos municipais do PP, Isabel Couselo Torres e do BNG, Natalia Camiña Ferreiro
- Trasladou aos representantes municipais cuntienses a situación contractual do persoal de todas as categorías do centro de Atención Primaria local e a casuística da praza de Pediatría, que se dirimirá en breve procedente da OPE por concurso de méritos
O xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o doutor José Flores Arias, mantivo onte unha xuntanza técnica telemática con responsables do Concello de Cuntis solicitada por este consistorio, encontro que reuniu ao alcade desta localidade Manuel Campos Velay e ás voceiras dos grupos municipais do PP, Isabel Couselo Torres e do BNG, Natalia Camiña Ferreiro, na que analizaron conxúntamente co SERGAS a situación sanitaria desta localidade.
Acompañado pola directora de Atención Primaria, Marta Ocampo, o xerente José Flores Arias repasou e trasladou aos representantes municipais cuntienses a situación contractual do persoal de todas as categorías do centro de Atención Primaria desta localidade -médicos de familia, enfermeiros, psx, matrona-.
Tamén no transcurso deste encontro -que da continuidade á relación entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais en materia sanitaria- o doutor José Flores lembrou hoxe a Manuel Campos, Isabel Couselo e Natalia Camiña a casuística da praza de Pediatía do centro de saúde cuntiense, praza que se dirimirá en breve procedente da OPE por concurso de méritos.
Garantía asistencial
Así mesmo durante o encontro telemático de onte analizouse a situación do cercano Punto de Atención Continuada –PAC- de Caldas de Reis, dispositivo de urxencias extrahospitalarias onde se desenvolve con total garantía asistencial a prestación sanitaria coas coberturas habituais.
Ademáis, no encontro de onte quedou patente que a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés completará la plantilla deste centro de Atención Primaria caldense con cinco médicos durante o actual mes de xaneiro.

