HomeXunta de GaliciaA Xunta aborda con representantes dos secretariaos dos Xulgados de Paz a...

A Xunta aborda con representantes dos secretariaos dos Xulgados de Paz a transformación destes órganos en oficina de Xustiza dos municipios

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, incidiu en que a Xunta traballou na dotación dos espazos facilitados polos concellos para acoller as 268 oficinas, que verán incrementadas as súas funcións coa nova Lei estatal de eficiencia xudicial 

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, abordou hoxe xunto con representantes dos secretarios dos xulgados de paz servidos por persoal idóneo as principais novidades da Lei orgánica de medidas en materia de eficiencia do Servicio Público de Xustiza, que xa dende o 1 de xullo estableceu as novas oficinas xudiciais en 38 partidos xudiciais dos 45 existentes en Galicia. Para as oficinas situadas nas sete cidades galegas a fase de implantación remata o 31 de decembro.

No encontro lembrou que esta primeira fase de implantación da normativa comezou precisamente nos xulgados de paz, que pasan a denominarse oficinas de xustiza do municipio. Deste xeito, evolucionan nos seus servizos para evitar na medida do posible os desprazamentos, logrando unha atención máis próxima á cidadanía e permitindo dispoñer de trámites nas zonas rurais que ata agora só se podían realizar nas cidades. Así, dende a Xunta estivéronse mantendo contactos coas diferentes entidades locais para coñecer os materiais e instalacións dispoñibles e adecuar os espazos e os medios tecnolóxicos á prestación destas novas xestións, cun investimento de arredor dos tres millóns de euros.

Ás entidades locais o Goberno galego xa lles trasladou que deben dispoñer dun espazo acondicionado e no que se garanta a conectividade, a seguridade e a privacidade precisas para as diferentes xestións e de cara á implantación progresiva das novas funcións.

O Goberno galego destaca a importancia das novas oficinas de xustiza nos municipios, que asumen a asistencia a xuíz de paz e colaboran co Rexistro Civil, ademais de realizar outras funcións administrativas para achegar os servizos públicos á veciñanza do propio concello e da área de influencia.

Cada municipio onde non teña a súa sede un tribunal de instancia conta desde xullo cunha oficina de xustiza, que presta servizos na localidade onde se atope situada. En Galicia suman 268 oficinas, que están configurados como porta de acceso á Administración de Xustiza e que son os que rexistran máis novidades coa reforma, xa que, ademais de manter os actuais servizos, amplían o catálogo de xestións nos concellos con menos poboación e a súa actividade ao resto das administracións públicas.

Publicacións Relacionadas