Home Xunta de Galicia A Xunta abordará no diálogo social solucions ante o impacto anual do...

A Xunta abordará no diálogo social solucions ante o impacto anual do absentismo laboral en Galicia, de 782M€ para empresas e 850 M€ para a Seguridade Social

- Anuncio -
  • Un informe da USC e da UVigo analiza as posibles causas que poderían incidir na elevada taxa galega -4º CCAA no ranking nacional- e conclúe que por si soas non explican o alto índice rexistrado, polo que é preciso afondar noutros factores
  • Este estudo, no que se seguirá profundizando, é o punto de partida do novo grupo de absentismo laboral, co que se busca abordar esta realidade da man de sindicatos e empresarios e en coordinación coas consellerías de Economía e Industria e Sanidade
  • José González salienta o firme compromiso da Xunta coa mesa de Diálogo Social como evidencia o futuro decreto que impulsa o Executivo galego para institucionalizar este espazo de negociación colectiva e que tamén foi analizado esta mañá
  • Na xuntanza tamén se afondou noutros temas de calado, como a abordaxe práctica da ferramenta de intelixencia artificial EMi ou os avances en materia de riscos laborais nun sector prioritario como a construción

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González —acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado— presidiu esta mañá unha nova xuntanza da mesa de Diálogo Social, durante a cal se constituiu o grupo de traballo de absentismo laboral. A través do mesmo — no que tamén colaborarán as consellerías de Economía e Industria e de Sanidade, no marco do traballo transversal dentro da propia administración autonómica— a Xunta afondará na procura de solucións conxuntas para abordar unha realidade que non só impacta no mercado laboral da comunidade, senón que tamén afecta de maneira directa á competitividade do tecido produtivo e ao benestar dos traballadores, cun impacto económico anual estimado de 782M€ nas empresas galegas e de preto de 850M€ na Seguridade Social en 2023. O obxectivo é blindar os dereitos lexítimos dos traballadores, avanzando nunha metodoloxía que permita identificar e desagregar as ausencias inxustificadas que poden estar detrás deste alto índice.

Na xuntanza, á que estaban convocados o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, o secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores (UXT), José Antonio Gómez, e a secretaria xeral de Comisións Obreiras Galicia (CCOO), Amelia Pérez, afondouse tamén noutros asuntos clave, como a abordaxe práctica da ferramenta de intelixencia artificial EMi, os avances en materia de riscos laborais nun sector prioritario como a construción ou a posta en consideración do borrador de decreto para institucionalizar o diálogo social en Galicia. A este respecto, José González indicou que o impulso desta futura norma —que establecerá a composición, organización e funcionamento da mesa— evidencia o firme compromiso da Xunta con potenciar este espazo de diálogo con patronal e sindicatos, unha aposta, remarcou, ben diferente á demostrada polo Goberno central na negociación de temas de gran calado, como a redución da xornada laboral ou o salario mínimo interprofesional.

Impacto do absentismo laboral en Galicia

No marco da mesa celebrada hoxe, a Xunta puxo a disposición dos axentes sociais un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela e a de Vigo sobre o absentismo laboral en Galicia, que posteriormente se explicou en rolda de prensa, na que participaron o conselleiro de Emprego, José González, o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, o catedrático en Economía Aplicada da USC, Santiago Lago, e o profesor de Economía Financeira e Contabilidade da UVigo, Francisco Javier Martínez. Segundo se desprende deste estudo —que será o punto de partida do novo grupo de traballo creado hoxe— Galicia presenta unha taxa de absentismo próxima ao 8% e significativamente superior á da media nacional, ocupando o 4º lugar. Tamén é unha das comunidades autónomas con maior duración media dos procesos de incapacidade temporal e cunha elevada prevalencia de procesos de longa duración.

O informe explora posibles hipóteses para explicar este fenómeno, entre as que se barallan o avellentamento da poboación, a composición dos sectores produtivos ou a estrutura familiar predominante e as obrigas de coidados. Con todo, conclúe que estas posibles causas só explican parcialmente os peores resultados de Galicia nas distintas dimensións analizadas do absentismo, polo que é preciso seguir afondando na investigación doutros factores idiosincráticos dunha realidade de elevado impacto económico para axeitar así as posibles medidas ás propias particularidades galegas. Así, o documento recolle que o custo total anual dos procesos de absentismo laboral en Galicia para a Seguridade Social chegou a preto de 850M€ en 2023, situándonos como a 2ª CCAA de España con maior custo por ocupado por incapacidade temporal, sen esquecer os custos directos que implica para as propias empresas, cuantificados en máis de 782M€, e no propio PIB.

José González manifestou que, neste marco, a Xunta da o primeiro paso nun camiño que se abordará dentro da Mesa de Diálogo Social e que permitirá avanzar na procura de solucións, investigando en profundidade as causas do absentismo na nosa comunidade e construíndo, da man de sindicatos e empresarios, medidas concretas que reduzan o seu impacto e protexan a empresas e traballadores. Unha aposta polo coñecemento da universidade pública e a metodoloxía rigorosa para poder actuar con eficacia, comentou, e que vai na mesma liña do recente convenio pioneiro asinado coa USC —que desenvolverá o laboratorio EconLabGalicia— para avaliar as políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta.

O labor do novo grupode traballo irá en paralelo ao proceso de mellora da xestión e control dos procesos de incapacidade temporal que está a impulsar a Consellería de Sanidade, e que inclúe medidas como a creación de unidades de apoio ás Unidades de Inspección e Control de Saúde Laboral nas áreas sanitarias de Ferrol, Lugo e Santiago, así como outras orientadas a reducir os trámites burocráticos aos pacientes e a reforzar a formación dos facultativos.

Relacionadas

A Xunta asina 62 convenios con asociacións de pesca continental e salienta o seu...

0
Os acordos buscan promover labores de conservación e limpeza dos ríos na súa área de influencia e impulsar tamén a remuda xeracional nesta práctica...

Lete Lasa anima aos 22 rapaces e rapazas que inician unha nova tempada co...

0
_Destaca algúns dos éxitos do Froiz na tempada 2024, como a medalla de bronce da selección española no Team Relay do Campionato de Europa...

López Campos salienta a importancia de impulsar o galego nas propostas de lecer para...

0
Fai fincapé na relevancia de accións que fagan incrementar o uso do noso idioma nos espazos sociais, presenciais e dixitais, onde as novas xeracións...

A Xunta convoca cursos de formación continua para persoal das agrupacións de Protección Civil

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as accións formativas, que suman preto de 400 prazas e se impartirán a través da Academia Galega...

Ángeles Vázquez anima á cidadanía a elaborar os seus propios disfraces para reducir a...

0
Avoga por recuperar o carnaval máis tradicional onde os disfraces se facían con materiais que tiñamos pola casa, tal e como seguen facendo os...

A Xunta celebra que un científico de prestixio mudial como Ángel Carracedo se achegue...

0
— O conselleiro de Educación recibe ao experto en medicina xenética no CIFP Ánxel Casal da Coruña, onde visita os laboratorios do centro e...

Publicacións Relacionadas