Home Xunta de Galicia A Xunta abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes ao recoñecemento...

A Xunta abre hoxe o prazo de presentación de solicitudes ao recoñecemento do grao II da traxectoria profesional para xestores procesuais e administrativos e médicos forenses

- Anuncio -

― Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo 22 de febreiro

— O mes pasado xa se habilitara outro proceso para o recoñecemento do grao I e II no que se presentaron máis de 1.800 peticións

A Xunta abre hoxe o prazo para presentar as solicitudes ao recoñecemento extraordinario do grao II da traxectoria profesional ao servizo de da Administración de Xustiza. En concreto, para o corpo de xestión procesual e administrativa e de médicos forenses. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo 22 de febreiro.
Xa o mes pasado se habilitou outro proceso destinados ao recoñecemento extraordinario do grao I e do grao II, ao que se presentaron máis de 1.850 peticións, 488 ao grao I para todos os corpos da Administración de Xustiza en Galicia, e máis de 1.300 ao grao II, para os corpos de tramitación procesual e administrativa e máis de auxilio xudicial.
Cómpre lembrar que o pasado outubro aprobouse a implantación do recoñecemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que fora acordada previamente por unanimidade de todas as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial.

Deste xeito, complétase a convocatoria do réxime extraordinario dos graos I e II dirixida a todo o persoal funcionario, tanto titular coma interino, e que lles está a supoñer melloras nas anualidades e nas porcentaxes dos seus complementos retributivos.

A medida beneficia a 2.700 traballadores públicos dos corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial.

Para acceder ao novo grao de recoñecemento profesional é preciso contar co grao I recoñecido, estar en situación de servizo activo na Administración de Xustiza en Galicia e dispoñer dunha antigüidade de 11 anos ao remate do 2022.

Os recoñecementos pactados suponen incrementos salariais que suman case 11M€ de 2022 a 2025. Así, no ano 2022 destináronse 1,4M€, neste 2023, 2,6M€, en 2024, 3,3M€ e en 2025, preto de 3,6M€.

Con esta medida o Goberno galego mellora, a falta da regulación estatal da carreira profesional por Real Decreto, o acordado en 2020 que establecía o sistema de carreira profesional do persoal da Administración de Xustiza galega.

O obxectivo é seguir a avanzar no desenvolvemento da traxectoria profesional, co compromiso firme da Xunta con este persoal de corpos nacionais.

Cómpre salientar que desde 2009 o cadro de persoal da Administración de Xustiza en Galicia medrou un 20%. Así, tras a aprobación de 57 novas prazas en 2022, este ano creáronse outras 24 prazas para dotar do persoal necesario os tres novos xulgados postos en marcha a comezos deste ano, isto é, os xulgados de Primeira Instancia número 6 de Lugo, número 15 da Coruña e número 16 de Vigo.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas