Home Xunta de Galicia A Xunta abrirá o próximo luns o prazo para solicitar axudas de...

A Xunta abrirá o próximo luns o prazo para solicitar axudas de ata 18.000€ destinadas a facer máis accesibles vivendas e edificios residenciais

- Anuncio -

Entre as actuacións subvencionables figuran, por exemplo, a instalación de ascensores e salva escaleiras, da mellora dos accesos desde a vía pública ou a dotación de produtos de apoio, sistemas de guiado, sinais luminosos e sonoros

As axudas da Xunta para a mellora da accesibilidade en e ás vivendas poderán pedirse a partir do vindeiro luns, 5 de xuño, e ata o 15 de xullo. Así se recolle na resolución que publica hoxe o DOG e pola que convoca este programa, xestionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e que prevé incentivos de ata 18.000 euros para facilitar a adaptación exterior e interior de inmobles residenciais para o seu uso por persoas con algún tipo de discapacidade.

Este é o segundo ano consecutivo que o Goberno galego convoca estas subvencións, enmarcadas no Plan para o acceso á vivenda 2022-2025 e coas que se aspira a facer máis accesibles ao redor de 1.700 vivendas no conxunto da Comunidade.

Cun orzamento global de 9 millóns de euros —máis do dobre que os fondos dispoñibles o ano pasado—, o obxectivo é apoiar economicamente aos solicitantes no financiamento de intervencións e obras que contribúan a eliminar barreiras arquitectónicas ou faciliten o acceso tanto en vivendas unifamiliares como en edificios de uso colectivo. Ademais, as actuacións poderán realizarse non só dentro dos propios inmobles, senón tamén nos espazos e zonas comúns e naqueles que serven para comunicalos co exterior.

Entre as obras subvencionables inclúense, por exemplo, a instalación de ascensores, salva escaleiras, ramplas ou mecanismos motorizados para a apertura de portas; as reformas dos accesos desde a vía pública; a colocación de produtos de apoio como guindastres, sistemas tecnolóxicos de guiado, sinais luminosos, visuais, táctiles ou sonoros; dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior; a domótica e outro tipo de tecnoloxía que favoreza a autonomía persoal; e calquera intervención que facilite a accesibilidade universal no interior das vivendas, nos propios edificios de tipo residencial colectivo así como nas súas vías de evacuación.

En canto aos beneficiarios, poderán acollerse ao programa as persoas físicas donas, usufrutuarias ou inquilinas dos inmobles, as comunidades de veciños, as sociedades cooperativas e as empresas construtoras, propietarias ou arrendatarias dos edificios.

Con carácter xeral, as axudas cubrirán, como máximo, o 60% do custo da actuación a acometer, aínda que esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 80% se na vivenda ou no edificio reside unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

Contía en función do tipo de edificación e situación persoal
Ademais destas limitacións, a contía das subvencións será variable e dependerá tanto da tipoloxía e características dos inmobles obxecto da intervención, como das circunstancias persoais dos seus residentes.

Así, se se trata dunha casa unifamiliar —illada ou agrupada— o beneficiario poderá recibir ata 12.500 euros para facela máis accesible e cando a subvención se solicite para intervir sobre un edificio residencial, concederase un máximo de 9.000 euros por vivenda e de 90 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial. Por último, se a solicitude ten por obxecto intervir sobre unha vivenda integrada nunha edificación de tipo colectivo, o importe da axuda da Xunta non superará os 6.000 euros.

En calquera dos tres supostos anteriores, a subvención chegará ata os 15.000 euros por vivenda se nela reside unha persoa con discapacidade e ata os 18.000 euros se acredita un grao de discapacidade do 33% ou superior. Ademais, no suposto de edificios ou vivendas declaradas Ben de Interese Cultural (BIC), catalogados ou con algún tipo de protección os importes mencionados poderán incrementarse en 3.000 euros máis.

Para acollerse á convocatoria deste ano, as actuacións terán que estar iniciadas despois do 1 de xaneiro de 2022 e non finalizadas a día de hoxe, coincidindo coa publicación da resolución no DOG. O prazo de execución das obras no caso de vivendas unifamiliares non poderá exceder os 12 meses, mentres que para os edificios residenciais colectivos será de 2 anos, tendo en conta que as intervencións neste tipo de inmobles adoitan ser máis complexas e requiren máis tempo.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas