Home Ourense A Xunta achega ás pemes de Ourense as vantaxes de innovar para...

A Xunta achega ás pemes de Ourense as vantaxes de innovar para afrontar a recuperación e consolidar o crecemento

- Anuncio -

— A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na parada que realizou no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole a iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer toda Galicia a través de 18 paradas


— Na cita participaron como casos de éxito as empresas Extraco Construcións e Proxectos e Mecanizados Rodríguez Fernández, dous exemplos que demostran que a innovación se pode poñer en marcha en calquera sector e empresa

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, sinalou hoxe que “todas as análises sobre como afrontar recuperación económica e consolidar o crecemento sinalan a investigación e a innovación como o factor máis influínte na competitividade das empresas”. Así o asegurou durante a súa participación na parada que realizou a iniciativa Camiño da Innovación no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (San Cibrao das Viñas).

Durante o encontro, Argerey animou ás pemes da comarca de Ourense a innovar para ser competitivas e aclarou que “a innovación está ao alcance de todas as empresas, con independencia do seu tamaño, localización ou sector”. Para acompañalas neste proceso, a directora de Gain informou que a Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha o Programa de Impulso da Innovación nas Pemes, no que se enmarca Camiño da innovación.

O obxectivo deste programa é acompañar aos sectores máis tradicionais a evolucionar cara a unha economía máis innovadora a través do deseño de liñas de axuda pensadas para eles; difundir a cultura da innovación entre as empresas para aumentar o número de pemes innovadoras galegas; xerar contidos formativos e ferramentas para axudarlles a valorar se están no momento de innovar e ofrecer casos de éxito de empresas innovadoras da contorna que sirvan de exemplo.

Ademais, Argerey apuntou que para que funcione o proceso innovador é clave a colaboración –entre sectores, entre centros de coñecemento e empresas, empresas entre si, etc.–, outro dos eixos prioritarios nos que está a actuar a Administración.

Asesoramento personalizado
A de hoxe en Tecnópole é a duodécima cita de Camiño da Innovación, iniciativa que ten previsto realizar 18 paradas en distintos puntos da xeografía galega entre os meses de novembro e decembro para xerar conciencia nas pequenas e medianas empresas sobre a importancia de innovar para medrar e chegar a novos mercados.

En cada parada ofrécese asesoramento personalizado –mediante cita previa– da man de técnicos de Gain para axudar ás pemes e microempresas a analizar as oportunidades de innovar, sobre todo ás que aínda non teñen experiencia nesta práctica. O obxectivo é atender máis de 200 asesoramentos en toda a xira, colaborando con cada empresa na elaboración dunha folla de ruta para poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles.
Ademais, Camiño da innovación presenta tamén a experiencia de máis de 50 casos de éxito de compañías que están a competir en mercados internacionais e que demostran que a innovación se pode poñer en marcha en calquera sector e empresa.

Na cita de hoxe en San Cibrao das Viñas participaron as empresas Extraco Construcións e Proxectos –que se atopa entre as construtoras con maior nivel de facturación e presenza en todo o territorio español– e Mecanizados Rodríguez Fernández –que conta con máis de 50 anos de experiencia no deseño e fabricación de accesorios en aceiro e solucións para a carrocería industrial e outros sectores industriais–.

Ata o de agora, realizáronse 130 asesoramentos a pemes, asistiron 320 persoas aos encontros con compañías innovadoras e expuxéronse máis de 25 casos de éxito. Ademais, publicáronse 13 reportaxes en vídeo con algúns destes casos de éxito que poden verse na web de Gain.

Relacionadas

A Xunta apoia o impulso do turismo activo para consolidar Galicia como destino de...

0
― O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio coa Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (AGETAN)...

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

0
― Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 8 metros e vento de compoñente oeste a noroeste no noroeste de A Coruña...

A Xunta efectuou a restauración ambiental de 1.166 puntos de vertido incontrolado nos últimos...

0
— A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda actuou en máis de 150 concellos, grazas ao cal se rexeneraron 79 hectáreas — Ao longo...

O Concello dotará de tests de antíxenos os seus servizos esenciais para evitar riscos...

0
Os concelleiros de Seguridade Cidadá e Asuntos Sociais acordaron activar medidas preventivas para frear o impacto da pandemia O Concello de Ourense dotará de tests...

A Xunta actiba para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de...

0
― Agárdase vento do oeste forza 8 no litoral da Coruña e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros na...

Un total de dez centros de ensino participan nunha nova edición de “Escola Verde”...

0
— Cada colexio escolle unha temática relacionada co medio ambiente sobre a que traballar, con propostas tan innovadoras como a do IES Valga sobre...

Publicacións Relacionadas