Home Vigo Fornelos de Montes A Xunta achegará ao Concello de Fornelos de Montes máis dun millón...

A Xunta achegará ao Concello de Fornelos de Montes máis dun millón de euros para comberter antigas vivendas dos mestres nun fogar residencial para persoas maiores

- Anuncio -

A XUNTA ACHEGARÁ AO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA CONVERTER AS ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES NUN FOGAR RESIDENCIAL PARA PERSOAS MAIORES

  • Financiaranse o 100% das obras de acondicionamento para dotar ao municipio dun centro residencial que terá ata un máximo de 16 prazas e será de xestión municipal
  • A actuación forma parte dun Plan de investimentos de 18,5 millóns de euros que está a desenvolver o Goberno galego para fortalecer a rede de centros de atención ás persoas maiores que dependen dos entes locais

A Xunta de Galicia achegará máis dun millón de euros ao Concello de Fornelos de Montes para cubrir o 100% das obras de rehabilitación das vivendas dos mestres do antigo colexio como fogar residencial para persoas maiores, cuxa construción e futura xestión correrá a cargo do ente local. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá o lugar acompañado do alcalde do concello, Emiliano Lage.

Perfecto Rodríguez explicou que esta actuación, que dotará á localidade pontevedresa dun servizo residencial con capacidade para aloxar a entre 12 e 16 persoas, forma parte da vintena que sufragará a Xunta con cargo ao Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Esta plan dispón dun orzamento de 18,5 millóns de euros e está financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

O xerente do Consorcio destacou que o devandito Plan suporá un importante reforzo para a rede pública de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen das administracións locais. Non só en canto á mellora de instalacións, tamén implicará a creación de 500 novas prazas públicas de residencias e outras 150 de atención diúrna.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Publicacións Relacionadas