Home Xunta de Galicia A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por vento na Mariña...

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por vento na Mariña Lucense

- Anuncio -
  • ―      Suspéndese por este motivo mañá pola mañá a actividade deportiva federada e do programa Xogade nos 15 concellos da Mariña
  • Tamén estará activa en todo o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro, motivo polo que se suspende a actividade deportiva federada no mar en toda Galicia
  • Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
  • ―      Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros

A Xunta vén de activar para mañá a alerta laranxa por vento na Mariña de Lugo e tamén estará activo o aviso de nivel laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

O fenómeno meteorolóxico adverso  por vento estará activo desde as primeiras horas da xornada de mañá na Mariña lucense  por rachas de vento do suroeste de 100 quilómetros por hora. Por este motivo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou para mañá pola mañá a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade nos 15 concellos da Mariña lucense. Os municipios poden consultarse no mapa de zonas climáticas de MeteoGalicia. 

Ademais, segundo as actualizacións dos distintos organismos predictores, o litoral galego estará mañá en alerta laranxa. Agárdanse ventos do suroeste rolando a noroeste de forza 8 e mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de ata sete metros. Por ese motivo, a Secretaría Xeral para o Deporte suspende todo o día a actividade deportiva federada no mar en toda Galicia.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, sinálase a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

A Xunta colaborará co Colexio de Biólogos de Galicia para formar ao colectivo sobre...

0
En concreto, a intención é que ambos organismos cooperen na promoción de actividades divulgativas dirixidas a distintos colectivos e dun curso só para colexiados A...

A Xunta aborda na comisión de seguimento do convenio co Goberno Central sobre a...

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou xunto ca subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, no encontro no que se abordou o...

A Xunta investirá 1 m€ para rematar antes de 2027 os Plans de Xestión...

0
Salienta a rigorosidade coa que traballa o Goberno galego para protexer Galicia e sinala que a normativa de aplicación para a protección desta Rede,...

A Xunta aproba unha nova planificación para liderar a acción climática en España, con...

0
— Ángeles Vázquez explica que o PRIEC guiará dunha forma transversal as políticas galegas no eido da mitigación, a adaptación, a investigación e a...

Rueda destaca o papel dos empresarios e autónomos galegos á hora de consolidar Galicia coma unha...

0
 Agradécelles a súa contribución para que a comunidade pechase 2024 con bos datos de exportacións, o paro en mínimos históricos e a cifra...

Publicacións Relacionadas