Home Xunta de Galicia A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral

- Anuncio -

— Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

— Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de activar para hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde o mediodía con mar combinada con ondas de ata 6 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Relacionadas

Galicia cautiva o interese do turista internacional a través de accións de promoción en...

0
Turismo de Galicia participou estes días en xornadas de presentación de destino en Singapur, Shangai, Polonia e Chicago Turismo de Galicia está a desenvolver unha...

O programa ‘IACOBUS’ abre a convocatoria 2024-2025 para as estadías de investigación, publicacións científicas...

0
― As entidades poderán presentar as súas candidaturas ata o 23 de decembro nas tres modalidades que, por primeira vez, se abren por primeira...

A Xunta de Galicia rexenera a parte interna da zona norte da Ría de...

0
- Esta sementeira, que será realizada por membros da Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa, desde unha embarcación, enmárcase nas medidas da Consellería do...

Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Ribeira-Porto do Son no que se...

0
 A delegada da Xunta participou na clausura do obradoiro de emprego dual organizado por estes dous municipios e anunciou que este concello volverá...

A Comisión Europea recoñece a Xunta polo software EMI destinado a potenciar as oportunidades...

0
— O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración recollerá este xoves en Bruxelas o premio do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público a...

A Xunta avanza cos recintos feirais na elaboración do Plan Estrtéxico do Comercio de...

0
― José González agradece o labor desenvolvido polos recintos da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo e A Estrada, cualificándoos de auténticos referentes de dinamización das...

Publicacións Relacionadas