HomeXunta de GaliciaA Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro

- Anuncio -spot_img
  • Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados
  • Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese
  • Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Goberno galego informou da situación, entre outros, aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro. Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeiras horas da mañá no noroeste e oeste da provincia da Coruña, ampliándose a media mañá ao suroeste da costa coruñesa e ao litoral de Pontevedra. Agárdase mar combinada do oeste ou suroeste con ondas de ata sete metros e vento do sur ou suroeste de ata forza 8. No litoral de Lugo prevese o inicio a última hora do día.

Para a xornada do luns, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou suspensións de actividade deportiva Xogade e federada no mar nos concellos do oeste da Coruña (Costa da Morte) entre as 09,00 e as 24,00 horas; nos concellos do noroeste da Coruña entre as 10,00 e as 24,00 horas; e no suroeste da Coruña, Rías Baixas e Miño de Pontevedra entre as 12,00 e as 24,00 horas.

 

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Publicacións Relacionadas