HomeA CoruñaA Xunta activa unha alerta laranxa por temporal e por vento en...

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal e por vento en toda a comunidade galega

- Anuncio -spot_img

Alértase dun fenómeno meteorolóxico por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 Km/h
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal e por vento en toda a comunidade.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase un fenómeno adverso de nivel laranxa por vento do suroeste de forza 8 e mar combinada do oeste-suroeste con ondas entre 5-7 metros no litoral noroeste, suroeste e oeste da Coruña, en Lugo e nas Rías Baixas e zona do Miño na provincia de Pontevedra.

Tamén activase a alerta laranxa por vento polo que poderán acadarse refachos de ata 100 km/h no noroeste, oeste e suroeste da Coruña, na montaña e na Mariña lucense e na montaña de Ourense. No interior da Coruña, centro e sur de Lugo, noroeste e sur de Ourense e no interior da provincia de Pontevedra agardanse refachos de ata 90 km/h.

A Xunta lembra nas zonas afectadas a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións.
Polo que respecta ao vento, cómpre lembrar a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e obxectos susceptibles de desprazarse co vento.

Publicacións Relacionadas