Home Xunta de Galicia A Xunta advirte de que o novo mapa concesional de transporte por...

A Xunta advirte de que o novo mapa concesional de transporte por estrada proposto polo goberno Central desconectará o rural galego da rede estatal

- Anuncio -
  • A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou hoxe no Parlamento galego que a medida que pretende “impoñer” o Executivo estatal “sen diálogo coas comunidades” provocará desigualdades territoriais coa supresión de servizos, paradas e tráficos que deixarán illados a máis de 130.000 persoas usuarias en Galicia  
  • O Goberno galego urxe ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a convocar unha conferencia sectorial de transporte para abordar este asunto e que retire o plan e formule un novo consensuado coas autonomías 

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lamentou hoxe no Parlamento galego que o Goberno central estea a deseñar o novo modelo do mapa concesional por estrada “de costas ás autonomías”, como así o puxo de manifesto xa a semana pasada na comisión de directores xerais de Transporte do Estado e das comunidades. Por iso, lembrou que nese encontro se instou ao Executivo estatal a abordar este asunto nunha conferencia sectorial de transporte que Galicia vén demandando desde hai tempo e que non se convoca desde xullo de 2022, pese a que o regulamento establece que debe convocarse polo menos unha vez cada seis meses.

Como lembrou hoxe a directora xeral, Galicia insiste no rexeitamento a esta medida proposta polo Goberno central porque deixa illados máis dunha vintena de concellos que suman 130.000 habitantes debido á eliminación de case un cento de paradas e tamén case un cento de servizos entre municipios galegos e máis de 70 conexións con outras comunidades. Polo tanto, supón “unha maior desigualdade territorial” ao provocar “unha desconexión do rural da rede estatal”.

Judit Fontela sinalou na súa intervención que a redución de paradas obrigará a facer transbordos e suplir con outros medios de transporte os traxectos necesarios para completar o percorrido. Ademais, advertiu de que o novo mapa concesional aposta por nodos de intercambio para viaxes de grandes distancias que deixa sen servizo directo tráficos importantes, como as conexións das cidades galegas con Bilbao e Barcelona.

Xunto coa redución de servizos, no que se refire ás tarifas explicou que coa proposta estatal, ademais de pagar dous billetes para conectar cos concellos que quedan sen parada, as tarifas serán distintas para as concesións que atenden Galicia e que penalizan os desprazamentos no rural.

A Xunta lamenta que se fagan estes cambios “por imposición, sen escoitar as comunidades e sen atender ás particularidades de cada territorio”. No caso de Galicia, pídese que se teñan en conta as súas características xeográficas e de poboación, e que se garantan as conexións no rural. Nesta liña, Judit Fontela, indicou que a eliminación de conexións esixiría ás comunidades maiores recursos para asumir novos servizos cos concellos que se eliminan das liñas estatais. Por iso, a Administración autonómica urxe ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a que “rectifique esta medida, retire o plan e formule unha nova proposta pero co consenso e o diálogo necesario coas autonomías”.

Fronte ao novo mapa concesional de transporte por estrada do Goberno central, a directora xeral de Mobilidade contrapuxo o modelo aplicado na comunidade a través do Plan de Transporte Público de Galicia que, nos últimos anos cuadriplicou o número de liñas -de 900a 3.600-, triplicou as paradas -de 20.000 e 58.000- e incrementou as frecuencias nun 60% ata os 2,3 millóns. Neste senso, lembrou que a Xunta segue mellorando so servizos con medidas como a Liña Conecta entre A Coruña e Lugo con 92 servizos directos á semana.

No que se refire ás tarifas, pese ás incertezas a nivel estatal, o Goberno galego ofrece “un marco estable”. Así, ao contrario que a proposta estatal, o plan galego ofrece tarifas homoxéneas sen diferenzas entre as distintas zonas e concesións.

Importancia das pemes no transporte público

Por outra banda, en resposta a outra pregunta parlamentaria, Judit Fontela defendeu a importancia das pequenas empresas de transporte de viaxeiros por estrada no Plan de Transporte Público de Galicia. Segundo indicou, as pemes son parte fundamental do sector en Galicia e por iso a Xunta favoreceu a súa participación na renovación dos contratos do transporte público.

Nesta liña, apuntou como principais medidas a división do transporte interurbano en lotes de tamaño reducido aos que puidese optar calquera tipo de empresa e a limitación do número máximo de contratos dos que pode resultar adxudicatario un mesmo contratista. Como resultado, 110 lotes dos 127 existentes están vinculados a pemes e 166 destas empresas resultaron adxudicatarias, individualmente ou a través dunha Unión Temporal de Empresas (UTE).

A directora xeral referiuse aos contratos do Plan de Transporte Público de Galicia como garantes de estabilidade e de seguridade para o sector, ademais de favorecer a súa modernización. Incidiu tamén ao diálogo constante e fluído coas asociacións de transportistas, que permite coñecer as súas necesidades e adoptar medidas para atendelas.

Relacionadas

Galicia rexistra en 2025 o terceiro mes de xaneiro máis cálido dos últimos sesenta...

0
— O avance do informe mensual de MeteoGalicia indica que a temperatura media para este mes foi de 9,8 graos, polo que se considera...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello...

0
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias A Consellería de Medio Ambiente e...

A Xunta avanza na elaboración da estratexía Mocidade Activa apostando por un enfoque transversal...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e coa...

Rueda destaca a inversión da Xunta para poñer en marcha a primeira planta pública de Galicia para...

0
 Salienta que as novas instalacións, nas que a Xunta inviste 25 millóns de euros, estarán operativas no segundo trimestre de 2026  A Xunta...

A Xunta convoca o programa aprol economía social con 5M€ para impulsar o emprego...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2025 destas achegas, que apoian a incorporación de socios ou traballadores e a quen se...

Publicacións Relacionadas