Home Xunta de Galicia A Xunta adxudica o novo Observatorio de Sostibilidade turística que permitirá monotorizar...

A Xunta adxudica o novo Observatorio de Sostibilidade turística que permitirá monotorizar a evolución do destino

- Anuncio -

— A empresa Hidria-Ciencia, Ambiente y Desarrollo foi a empresa que resultou adxudicataria do servizo


— A ferramenta permitirá a implantación dun sistema de observación e análise integral da sostibilidade turística de Galicia


— Analizaranse novos destinos onde implantar sistemas piloto de regulación de fluxos

Turismo de Galicia vén de adxudicar o Observatorio de Sostibilidade turística de Galicia á empresa Hidria – Ciencia Ambiente y Desarrollo que terá un prazo de 24 meses para deseñar, desenvolver, implantar, manter e transferir un sistema de observación e análise integral da sostibilidade turística de Galicia.

O Observatorio de Sostibilidade Turística permitirá actualizar as metodoloxías estatísticas e monitorizar a evolución dos destinos galegos a través dun sistema estatístico de observación integral.

Tamén se analizarán novos destinos onde implantar sistemas piloto de regulación de fluxos, instalaranse novos sensores nas rutas xacobeas para monitorizar a chegada de peregrinos e porase a disposición un cadro de mando estatístico coas principais operacións de datos actualizadas, entre outras ferramentas.

A Xunta de Galicia da continuidade así a todo un traballo de planificación desenvolto ata o momento e que permitiu dar resposta á evolución mundial da actividade turística, anticipar tendencias e mellorar a toma de decisións estratéxicas ao tempo que se avanzou en sostibilidade en todas as súas vertentes, desde a ambiental ata a económica, ambiental e social.

Análise de sistemas de monitorización
O novo observatorio permitirá a análise comparativa de sistemas de monitorización de sostibilidade, definindo metodoloxías, ámbitos de actuación e selección de indicadores e tendo en conta os distintos estándares con especial atención á rede de observatorios INSTO e o Marco Estatístico para a Medición da Sostibilidade do Turismo (SF-MST) da Organización Mundial do Turismo (OMT).

Ademais, o sistema de observación nutrirase da colaboración coa asociación europea de rexións NECSTouR e con outros axentes que están desenvolvendo metodoloxías para Turismo de Galicia, en particular a de impacto socioeconómico do Camiño de Santiago.

Esta ferramenta tamén terá un deseño e arquitectura específico que inclúe a definición dunha metodoloxía de análise do destino Galicia con diferentes perspectivas ou dimensións: económica, social, ambiental e territorial. Tamén analizará a pegada ecolóxica do turismo e elaborará un informe de sostibilidade para Galicia, facendo referencia específica aos seus xeodestinos e cidades.

Relacionadas

Galicia cautiva o interese do turista internacional a través de accións de promoción en...

0
Turismo de Galicia participou estes días en xornadas de presentación de destino en Singapur, Shangai, Polonia e Chicago Turismo de Galicia está a desenvolver unha...

O programa ‘IACOBUS’ abre a convocatoria 2024-2025 para as estadías de investigación, publicacións científicas...

0
― As entidades poderán presentar as súas candidaturas ata o 23 de decembro nas tres modalidades que, por primeira vez, se abren por primeira...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral

0
— Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

A Xunta de Galicia rexenera a parte interna da zona norte da Ría de...

0
- Esta sementeira, que será realizada por membros da Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arousa, desde unha embarcación, enmárcase nas medidas da Consellería do...

Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Ribeira-Porto do Son no que se...

0
 A delegada da Xunta participou na clausura do obradoiro de emprego dual organizado por estes dous municipios e anunciou que este concello volverá...

A Comisión Europea recoñece a Xunta polo software EMI destinado a potenciar as oportunidades...

0
— O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración recollerá este xoves en Bruxelas o premio do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público a...

Publicacións Relacionadas