Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade
O contrato asinarase nos vindeiros días e a previsión é poder iniciar as obras ao longo do vindeiro mes de en febreiro
Esta intervención ten como obxectivo fortalecer a relación da cidade co mar e forma parte do proxecto Coruña Marítima
A previsión é que a instalación, pensada ao redor de tres ideas, deporte, ocio e encontro social, poida estar lista no verán do 2025
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por un importe de 2.505.305 euros a execución das obras da instalación da estrutura flotante do Parrote, na Coruña
Esta intervención, adxudicada á empresa Construcciones López Cao, S.L., que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade.
Trátase de que a cidade recupere con esta instalación unha histórica zona de baño que permitirá, fortalecer a relación da cidade co mar, a través dun proxecto singular que forma parte da Coruña Marítima.
O contrato asinarase nos vindeiros días para poder realizar en xaneiro do 2025 os traballos preparatorios da obra, e a previsión é poder comezar a execución das obras ao longo do mes de febreiro. Os traballos contan cun prazo de execución de 8 meses, sendo o obxectivo que a instalación poida estar lista neste vindeiro verán.
En concreto, a través da actuación que se vén de adxudicar, habilitarase unha zona de baño, con gradas, espazos de descanso e pasarela accesible. O deseño da infraestrutura, moderna, novidosa e accesible, permitirá o desenvolvemento doutras actividades de recreo náuticas e na que se habilitarán dúas piscinas, unha delas aberta ao mar.