- O Servizo Galego de Saúde inviste máis de 450.000 € nun TC multicorte para o novo hospital público de Pontevedra
- Dótase tanto o Hospital Público de Barbanza como o Virxe da Xunqueira de Cee dun novo sistema dixital de radioloxía portátil e dunha sala de raios dixital robotizada con suspensión de teito por máis de 720.000 € en total
A Xunta adxudicou dous lotes máis do contrato de subministración de equipamento de alta tecnoloxía con destino a diversos hospitais do Servizo Galego de Saúde por 1.174.910 euros.
O lote adxudicado a Philips Iberica S.A.U. por importe de 453.750 euros correspóndense coa dotación dun TC multicorte, que permite unha coronariografía non invasiva, con destino ao Hospital Público Novo Montecelo.
Por outro lado, resultou adxudicataria General Electric Healthcare España S.A.U. no lote correspondente á adquisición de equipamento para o Hospital Público de Barbanza e para o Hospital Público Virxe da Xunqueira de Cee por valor de 721.160 euros.
Cun importe de 249.260 euros cada unha, dotarase os hospitais comarcais dunha sala de raios dixital robotizada con suspensión de teito. Ademais, contarase cun sistema dixital de radioloxía portátil por 111.320 euros para cada hospital.
Previamente, dentro do mesmo contrato e no lote 1, xa foran adxudicadas á empresa General Electric Healthcare España S.A.U., por importe de 496.100 euros, dúas salas de radiodiagnóstico dixitais e robotizadas con suspensión de teito para o servizo de urxencias do novo hospital público de Pontevedra.



