HomePontevedraCaldasA Xunta adxudica por máis de 1,8 M€ as obras de renovación...

A Xunta adxudica por máis de 1,8 M€ as obras de renovación do firme en cinco estradas autonómicas ao seu paso paso por oito concellos das comarcas de Caldas, O Salnés e Pontevedra

- Anuncio -spot_img
  • Tratase de mellorar as características funcionais e a seguridade viaria nas vías: PO-548, VG-4.2, PO-224, PO-305, PO-316 e PO-223, ao seu paso polos concellos de Caldas de Reis, Cambados, O Grove, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Valga e Vilagarcía de Arousa
  • Os traballos consistirán na rehabilitación superficial do firme destas vías da Xunta, restaurando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade
  • O departamento que dirixe maría M. Allegue segue a traballar na mellora das características da rede actual de estradas, que acadará de novo o récord histórico en investimento en conservación viaria da rede autonómica este ano, con 71,6 M€

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar por un importe de máis de 1,8M€ (1.865.245,77€) a execución das obras de renovación do firme en cinco estradas de titularidade da Xunta ao seu paso por oito concellos das comarcas de Caldas, O Salnés e Pontevedra.

Trátase de trátase de actuar no acondicionamento do firme das estradas PO-548, VG-4.2, PO-224, PO-305, PO-316 e PO-223, nos seus correspondentes percorridos polos concellos de Caldas de Reis, Cambados, O Grove, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Valga e Vilagarcía de Arousa.  O obxectivo é mellorar as características funcionais en distintos teitos destas estradas de titularidade da Xunta e a seguridade viaria.

Os traballos, adxudicados á empresa Marconsa, Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L. e cun prazo de execución de seis meses, consistirán na rehabilitación superficial do firme destas estradas, con distintas actuacións, restaurando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade segundo a tipoloxía e necesidades de cada unha delas.

Así, as obras incluirán a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados e reposición dunha capa de firme; selado de fisuras lineais con mestura bituminosa, renovación e homoxeneización da rodadura.

A maiores, segundo as necesidades das distintas vías autonómica, defínense unha serie de actuacións complementarias necesarias para a correcta execución dos traballos, como é a reposición de marcas viarias (liñas continuas e descontinuas, cebras, símbolos e resaltes) nos tramos onde se renove a capa de rodaxe e nos tramos onde a xa existente perdeu as súas prestacións.

O departamento quer dirixe María M. Allegue, segue a traballar e a apostar tamén pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria.  Así a Xunta acadará de novo o récord histórico en investimento en conservación de estradas da rede autonómica neste ano, con 71,6 M€.

Publicacións Relacionadas