Home A Coruña A Xunta adxudica por máis de 440.000 euros o contrato para a...

A Xunta adxudica por máis de 440.000 euros o contrato para a primeira fase das obras de saneamento na parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo

- Anuncio -

— A empresa adxudicataria encargarase de realizar os traballos necesarios para mellorar o servizo a este núcleo de poboación, enlazando novas instalacións coas infraestruturas existentes co obxectivo de chegar a todas a vivendas da zona

— As actuacións, cun prazo de execución de cinco meses, permitirán contar cunha cadea de ramais de saneamento que recolla as augas fecais dos inmobles que aínda non se atopan conectados á rede municipal

A Xunta, a través de Augas de Galicia, adxudicou recentemente o contrato para a execución da primeira fase das obras de saneamento na parroquia de Monteagudo, no Concello de Arteixo, por un importe de algo máis de 440.000 euros.

Deste xeito, a empresa adxudicataria encargarase de realizar as actuacións necesarias para mellorar o servizo de saneamento a este núcleo de poboación, enlazando novas instalacións coas redes existentes co obxectivo de chegar a todas as vivendas da zona.

A través deste contrato, cun prazo de execución de cinco meses, o Executivo galego garante o desenvolvemento dos traballos para contar cunha cadea de ramais de saneamento que recolla as augas fecais dos inmobles que aínda non se atopan conectados á rede municipal, complementando así a rede existente.

O contrato establece distintas actuacións para dar servizo ás vivendas situadas na parte alta do núcleo principal de Monteagudo mediante a execución dun colector que se conecte á rede existente. Dito colector discorrerá pola vía da parte baixa das vivendas e suporá a anulación dun ramal existente mediante a realización doutro novo de maior profundidade que conectará as vivendas ao bombeo existente augas abaixo.

Mentres, no núcleo de Coto vaise enlazar unha rede de colectores ao saneamento xeral existente eliminando un pozo de drenaxe. No seu lugar colocarase un pozo de resalto vinculado ao colector principal ao tempo que se instalará un pozo de rexistro para facilitar a conexión de toda a infraestrutura.

Os traballos, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), tamén afectarán aos núcleos de Vilela, A Rocha, A Perillona, Ibia, Freixal, Casanova e Ramilo, onde se realizarán melloras para optimizar a rede de saneamento existente nas proximidades.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas