Home Ourense A Xunta afirma a súa aposta polo turismo rural durante unha visita...

A Xunta afirma a súa aposta polo turismo rural durante unha visita as obras realizadas no Miradoiro de Triguás en Parado do Sil

- Anuncio -

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe este concello para comprobar in situ as obras realizadas ao abeiro da orde de axudas infraestruturas para concellos de menos de dez mil habitantes


 O concello beneficiouse dunha axuda de 30.000 euros, mediante a cal realizaron obras para a recuperación do miradoiro de Triguás e do seu contorno


 O DOG publicou hoxe unha nova convocatoria desta orde para este ano dotada con 3 millóns de euros, triplicando o orzamento con respecto ao ano pasado

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o concello de Parada de Sil para comprobar in situ as obras realizadas ao abeiro da orde de axudas infraestruturas para concellos de menos de 10.000 mil habitantes, grazas ao cal o concello se beneficiou dunha subvención de 30.000 euros, mediante a cal realizaron obras para a recuperación do miradoiro de Triguás e do seu contorno.
As axudas teñen como finalidade fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos en concellos para a consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.
Mediante estas obras recuperouse a ermida de Triguás, declarada Ben de Interese Turístico, recuperouse o espazo do miradoiro da localidade e, ademais, conectouse este lugar coa ruta BTT “Circular Parada de Sil”, da que forma parte do Centro BTT Ribeira Sacra.

Durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor a importancia da realización deste tipo de actuacións para poñer en valor a beleza do turismo rural na nosa Comunidade, apostando así por unha oferta turística de calidade, sen masificacións e con paisaxes salvaxes.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou o potencial do turismo rural para estimular o crecemento da economía local. “Creemos firmemente que gracias ao turismo rural impulsamos a estas zonas a loitar contra a despoboación, a xerar riqueza e, por suposto, a manter as tradicións e a cultura gracias a cal seguimos visibilizando os produtos endóxenos da nosa terra, algo que nos permite chegar a todos os recunchos do mundo”.

Nova convocatoria de axudas turísticas
O DOG publicou hoxe unha nova convocatoria desta orde para este ano dotada con 3 millóns de euros, triplicando o orzamento con respecto ao ano pasado, para que os

concellos de menos de 10.000 habitantes poidan solicitar as axudas e poder levar a cabo actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

Poderán ser obxecto das axudas as actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos que poderán incluír a recuperación e tratamento paisaxístico do contorno, a iluminación, a recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros, rutas ou outros elementos de interese turístico, así como a adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes.

Tamén poderán ser subvencionables, as actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado, así como as que afecten o seu contorno de protección, a rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas, a recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, a e actuacións de mellora de sinalización e accesibilidade dos recursos turísticos.

O importe máximo da subvención que se vai aboar será do 100 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 30.000 €, sendo o mesmo importe que o establecido na convocatoria do ano 2022. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de maña

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas