Home A Coruña A Xunta amosa os avances da última intervención no Xacemento de Ciadella...

A Xunta amosa os avances da última intervención no Xacemento de Ciadella cunha visita guiada

- Anuncio -

– O percorrido para coñecer os traballos de posta en valor das estruturas será mañá sábado ás 12,00 horas e para asistir cómpre reservar no teléfono 981 787 508

– Na fase de escavación localizáronse numerosos restos como unha lápida romana ou un muro na fachada occidental que permiten ampliar o coñecemento sobre este forte

A Xunta de Galicia amosará os avances da última intervención impulsada no xacemento romano da Ciadella nunha visita guiada que terá lugar mañá, sábado, ás 12,00 horas a cargo da empresa responsable dos traballos. Trátase dun percorrido para coñecer a posta en valor das estruturas arqueolóxicas dos Principia e da Via Principalis do forte e para asistir cómpre reservar a través do teléfono 981 787 508.

Nesta actuación a Consellería de Cultura, Educación e Universidade achega 200.000€ no marco do programa Feder Galicia 2014-2020 e eleva o investimento do Goberno galego neste ben a preto de 600.000 nos últimos seis anos. En concreto, a intervención iniciouse a finais do pasado ano coa escavación do xacemento para, unha vez rematada esta fase no mes de febreiro, comezar os traballos de consolidación e restauración das estruturas arqueolóxicas coa finalidade de favorecer a súa conservación e protección e tamén para facilitar a súa comprensión aos visitantes que se acerquen ao xacemento.

Está previsto que o proxecto remate en verán co acondicionamento e limpeza do xacemento para, finalmente, sinalizar o espazo mediante cartelería e fitos informativos para que os visitantes poidan realizar unha visita auto guiada.

Actuación no Principia e Via Principalis
Así, nesta ocasión o obxectivo é realizar unha intervención integral de posta en valor dunha serie de espazos e estruturas arqueolóxicas situadas no sector central do campamento romano de Ciadella no que, en boa parte del, xa se desenvolveron diversas actuacións arqueolóxicas. Para iso, no transcurso dos traballos estase a actuar sobre os denominados Principia, unha edificación duns 1000 metros cadrados que funcionaba como cuartel xeral e espazo medular do forte romano, e a Via Principalis, arteria viaria principal no interior do campamento romano.

As escavacións levadas a cabo durante a primeira fase da actuación permitiron localizar numerosos restos e obter máis información do forte militar. En concreto, foron descubertos os muros delimitadores de varias edificacións na Via Principalis e unha lápida funeraria romana que se conserva en perfecto estado e na que se pode ler o texto da dedicatoria que fai unha nai ao seu fillo morto aos 9 anos, 6 meses e 9 días.

Por outro lado, a intervención tamén serviu para definir con maior claridade os diferentes sectores nos que se divide o cuartel xeral e localizar un muro na fachada occidental do edificio que permite comprender mellor toda a estrutura.

Estes descubrimentos súmanse aos feitos nas últimas campañas realizadas pola Administración autonómica na Ciadella nas que saíron á luz importantes restos e pezas de cerámica destacando a identificación dun gran horreum de planta rectangular destinado a gardar os alimentos das tropas ou a documentación dun pórtico monumental no edificio principal que supón un exemplo único do Imperio Romano neste tipo de construcións.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas