HomeXunta de GaliciaA Xunta amplía a Rede de Orientación Persoale Familiar a 42 centros...

A Xunta amplía a Rede de Orientación Persoale Familiar a 42 centros que exercen de coordinadores para apoio ao alumnado con máis dificultades

- Anuncio -spot_img

— Esta iniciativa pioneira, que arrancou o ano pasado, acadou no seu primeiro curso de funcionamento preto de 500 alumnos atendidos de máis de 300 colexios e institutos

— Cada centro da rede conta cunha unidade de Acompañamento e Orientación persoal con docentes coordinadores para o desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento aos estudantes que o precisen

A Xunta de Galicia vén de ampliar a Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia a un total de 42 centros públicos de Infantil, Primaria e Secundaria, dez máis que o pasado curso, que este ano exercerán como coordinadores do resto dos colexios e institutos da súa área de influencia para o apoio ao alumnado con maiores dificultades desde o punto de vista educativo e familiar.

Esta acción, que a Consellería de Educación puxo en marcha de xeito pioneiro o curso pasado, supuxo a creación dunha rede de 32 centros educativos que exercían de dinamizadores das súas respectivas áreas a través doutras tantas unidades de acompañamento e orientación, dotadas con profesorado específico. Agora, co obxectivo de continuar o programa, a rede amplíase en dez centros máis.
Apoio educativo e familiar ao alumnado máis vulnerable
A tarefa desta Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia céntrase en desenvolver actuacións específicas de apoio e seguimento ao alumnado más vulnerable desde o punto de vista educativo, ao tempo que colaborar coas familias e a contorna. Durante o pasado curso esta rede prestou apoio a preto de 500 alumnos e de máis de 300 centros educativos.

Ademais, co fin de atender á área xeográfica que lle corresponda e favorecer a mobilidade e o desprazamento dos profesionais, cada un destes centros constitúe unha unidade de Acompañamento e Orientación persoal atendida por unha persoa coordinadora do grupo dos 42 docentes incorporados para esta función.

Estes docentes -a razón dun por centro da rede- son os encargados do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado que o precise. A súa función é a de complementar a actuación ordinaria dos centros educativos da súa área, sobre todo atendendo ás situacións máis delicadas, e sempre en coordinación cos departamentos de orientanción dos centros. Tamén se realizan labores de acompañamento ás familias, ofrecéndolles recursos para unha maior implicación nos procesos educativos dos seus fillos.

Esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia sirve tamén de apoio e reforzo ao labor dos máis de 4.000 profesionais dedicados á orientación e o reforzo educativo que diariamente están traballando de xeito ordinario nos centros educativos galegos.

Listado de centros da Rede de Acompañamento e Orientación Persoal e Familiar neste curso (en negriña os de nova incorporación):

PROVINCIACONCELLOCENTROSZONA XEOGRÁFICA
A CORUÑAA CORUÑACIFP Ánxel Casal- Monte AltoA Coruña, Oleiros, Sada, Bergondo,    Oza-Cesuras, Betanzos, Coirós, Curtis, Vilasantar.
A CORUÑAA CORUÑACIFP SomesoA Coruña, Culleredo.
A CORUÑAA CORUÑACEIP Plurilingüe Víctor López SeoaneA Coruña.
A CORUÑAAMESIES Plurilingüe de AmesAmes, Santiago de Compostela.
A CORUÑAARTEIXOIES Manuel MurguíaArteixo, A Coruña, Laracha.
A CORUÑACEDEIRAIES Punta CandieiraCariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche, Somozas.
A CORUÑACEEIES Fernando BlancoCee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Muxía,  Mazaricos, Carnota, Muros.
A CORUÑACERCEDACEIP Plurilingüe Celso Emilio FerreiroCarballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Malpica, Val do Dubra, Santa Comba.
A CORUÑACERCEDACPI Plurilingüe O CruceCambre, Carral, Abegondo.
A CORUÑAFERROL IES CataboisFerrol, Monfero, A Capela.
A CORUÑAFERROL CIFP Leixa Cabanas, Pontedeume,  Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón, Miño, Vilarmaior, Aranga, As Pontes.
A CORUÑANOIACEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez CadarsoLousame, Noia, Outes, Porto do Son.
A CORUÑARIBEIRAIES LeliadouraRibeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo.
A CORUÑAROISCPI Plurilingüe Dos DicesCatoira, Valga, Negreira, A Baña, Rois, Brión, Padrón, Dodro, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis.
A CORUÑASANTIAGO DE COMPOSTELACEIP das FontiñasSantiago de Compostela.
A CORUÑASANTIAGO DE COMPOSTELACEIP Pío XIICerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo.
A CORUÑAVEDRACPI Plurilingüe de VedraVedra, Santiago, Teo, Boqueixón.
A CORUÑAVILA DE CRUCESCEIP Plurilingüe de CerdeiriñasArzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Sobrado, Toques, Santiso.
A CORUÑAVIMIANZOIES Terra de SoneiraCamariñas, Vimianzo, Zas.
LUGOA FONSAGRADACEIP Plurilingüe Santa MaríaA Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Baralla, Meira, A Pontenova.
LUGOFOZIES de FozRibadeo, Trabada, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo.
LUGOLUGOIES Leiras PulpeiroLugo, Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Rábade, Outeiro de Rei, Friol.
LUGOLUGOCEIP Luís PimentelLugo, Sarria, O Páramo, Paradela, O Incio, Samos, Triacastela, Láncara.
LUGOLUGOCEIP ParadaiLugo,  Castroverde, O Corgo, Guntín, Portomarín, Pol, Cospeito, Castro de Rei, Begonte.
LUGOMONFORTE DE LEMOSCEIP Plurilingüe  de Monforte de LemosMonforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober,  Chantada, Taboada, Carballedo, A Peroxa, Nogueira de Ramuín.
LUGOVILALBACEIP Antonio Insua BermúdezMuras, Xermade, Guitiriz, Vilalba, A Pastoriza, Abadín, Riotorto,  Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro.
OURENSECELANOVACEIP Plurilingüe Curros EnríquezSan Cibrao das Viñas, Taboadela,  Celanova, Cartelle, Ramirás, A Merca, Padrenda, Muíños, Lobios, Entrimo, Bande, Crecente, Arbo, A Cañiza, Covelo, Toén, Barbadás, Ourense, As Neves, Salvaterra de Miño.
OURENSEO BARCO DE VALDEORRASIES Lauro OlmoA Veiga, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín, O Bolo, Larouco, Viana do Bolo, Pobra de Tribes, Manzaneda, Castrocaldelas, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso.
OURENSEOURENSECPI Plurilingüe José García García Ourense
OURENSEVERÍNIES Xesús Taboada ChiviteVerín, Vilardevós, Riós, Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sandiás, Xinzo de Limia, Allariz, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía.
OURENSEVILAMARÍNIES de VilamarínVilamarín, San Cristobo de Cea, O Irixo, Beariz, Boborás, O Carballiño, Maside, San Amaro, Punxín, Avión, Leiro, Cenlle, Carballeda de Avia, Melón, Ribadavia, Cortegada, Arnoia, Castrelo de Miño, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, Ourense.
PONTEVEDRA BAIONAIES Primeiro de MarzoBaiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui.
PONTEVEDRA GONDOMARIES Auga da Laxe Gondomar, Vigo, Salceda de Caselas, Ponteareas.
PONTEVEDRA NIGRÁNIES ValmiñorNigrán, Vigo.
PONTEVEDRACAMBADOSCEP Antonio Magariños PastorizaCambados, O Grove, Illa de Arousa, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Meis.
PONTEVEDRALALÍNCEIP Xaquín LorigaLalín, Vila de Cruces, Agolada, Silleda, Rodeiro, Dozón, Forcarei, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, A Lama.
PONTEVEDRAMOAÑAIES Plurilingüe A ParalaiaMoaña, Marín, Vilaboa, Bueu, Cangas, Soutomaior.
PONTEVEDRAPONTE CALDELASCEIP Plurilingüe A Reigosa Ponte Caldelas,  Pontevedra, Redondela, Vigo, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario.
PONTEVEDRAPONTEVEDRACIFP A XunqueiraPontevedra, Poio, Vilagarcía de Arousa, Portas, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Marín.
PONTEVEDRASANXENXOCEIP de PortonovoPontevedra.
PONTEVEDRAVIGOIES de TeisVigo.
PONTEVEDRAVIGOCEIP Plurilingüe O SelloVigo, Porriño, Mos.

Publicacións Relacionadas