Home Xunta de Galicia A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar preto de 1.200 familias retornadas este ano

— Trátase duns apoios que supoñen un amparo moi importante no establecemento das persoas emigrantes galegas que retornaron, axudando á súa integración na comunidade galega

A Xunta de Galicia amplía o orzamento destinado ás axudas extraordinarias ao retorno nun 67%, pasando dos 2 millóns de euros iniciais aos 3,5 M€. Así o reflicte a resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta ampliación permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar un total de 1.159 familias retornadas este ano.
Trátase dunhas axudas que supoñen un amparo moi importante no establecemento das persoas que retornaron, axudando á súa integración na Comunidade galega. Con esta medida, a Xunta reafirma o seu compromiso con aqueles galegos que apostan por regresar á súa terra de orixe para iniciar unha nova etapa da súa vida.
As axudas extraordinarias ao retorno son un recurso fundamental que permite cubrir necesidades iniciais como o establecemento de persoas e familias que deciden fixar a súa residencia en Galicia.
Dende o seu inicio, este programa demostrou a súa eficacia ao ofrecer axudas directas que facilitan o proceso de regreso e asentamento, favorecendo ademais o retorno de familias que veñen con nenos e incentivan tamén o establecemento no rural.
Un apoio esencial para as familias retornadas
Nesta liña de axudas extraordinarias inclúese tamén unha axuda específica para as familias con fillos menores de idade que se establezan en Galicia, cun importe de 1.000 euros por fillo ata o segundo fillo, e de 1.500 euros a partir do terceiro, cun incremento do 25% no caso de que a familia resida nun concello rural, co obxectivo de dar pleno cumprimento aos obxectivos de reforzar o apoio destinado a familias con cargas familiares, con especial atención ás que establezan a súa residencia nunha zona rural.
Con esta ampliación orzamentaria, a Xunta afonda no seu compromiso de apoio ás persoas galegas do exterior que, co seu regreso, contribúen a fortalecer o futuro de Galicia. A integración social e laboral, xunto co apoio ás familias retornadas, é unha prioridade do Goberno galego para consolidar o retorno como unha oportunidade de desenvolvemento e crecemento para a nosa comunidade.

Relacionadas

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia...

0
Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de...

A Xunta lamenta os agravios do Goberno Central a Galicia en materia de mobilidade

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes compareceu no Parlamento para abordar a falta de compromiso estatal coa posta en marcha do tren...

A Xunta constata unha diminución do impacto do uso recreativo e humano Das praias...

0
No marco do proxecto Iberalex a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático monitorizou ao longo deste ano un total de 124 niños desta...

A Xunta presenta ao sector turístico a proposta termal ‘Galicia: Spa Pilgrimage in Spain’...

0
Xosé Merelles destaca o potencial da Comunidade galega no sector termal que supón o 20% da oferta de todo o Estado e xera 19.000...

Galicia activará un Mercado Voluntario de Carbono en 2025 para que empresas e entidades...

0
Cun investimento previsto de 6,8 M€ ata 2028, Ángeles Vázquez subliña que Galicia se aliña deste xeito cun dos principais acordos adoptados no Cumio...

Publicacións Relacionadas