HomeXunta de GaliciaA Xunta analiza coa Asociación Nacional de Mulleres de Pesca medidas de...

A Xunta analiza coa Asociación Nacional de Mulleres de Pesca medidas de apoio ás traballadoras autónomas e retos como a remuda xeracional

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse recentemente cunha delegación da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, Anmupesca, encabezada pola súa presidenta, Pilar Otero, para analizar distintas vías de apoio da Xunta ás traballadoras autónomas, outras cuestións do ámbito laboral e retos relacionados con este sector, entre eles a remuda xeracional femenina. Na xuntanza tamén se abordaron aspectos relacionados coa comercialización, como a dinamización das prazas de abastos de Galicia.

En relación co apoio ao colectivo de autónomos, a Xunta volverá convocar no 2026 a orde unificada de axudas, cun orzamento próximo aos 41 M€, e da que poden beneficiarse as mulleres autónomas da cadea mar-industria. Esta orde integra os principais programas de apoio, que abranguen desde o inicio da actividade ata a consolidación e mantemento, incluíndo medidas de conciliación, entre outras. No encontro tamén se destacou a importancia de seguir traballando na prevención e saúde laboral, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), que desenvolve campañas de sensibilización neste eido. Na reunión tamén estiveron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén.

Publicacións Relacionadas