O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, abordou hoxe nunha xuntanza con representantes da Federación Galega de Xoiería medidas para promover o comercio local e a remuda xeracional neste sector.
Nesta liña, no encontro incidiron na importancia do Plan de comercio de Galicia 2025-2030 que se está a alaborar e co que se busca deseñar un comercio moderno, resiliente, competitivo e que dea resposta aos desafíos actuais e ás novas tendencias dos consumidores. Tamén puxeron de relevo o valor do Plan Remuda que se desenvolve ao abeiro da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para promover os negocios locais, evitar o seu peche e garantir a súa continuidade