Home A Coruña A Xunta apoia 5 actuacións de mellora das infraestructuras turísticas dos concellos...

A Xunta apoia 5 actuacións de mellora das infraestructuras turísticas dos concellos de Ferrolterra cun investimento de case 100.000 euros

- Anuncio -

― O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o Concello de As Somozas que conta cunha nova sinalización dos seus recursos turístico grazas a estas axudas

― O representante do Goberno autonómico informou que hoxe remata o prazo para unha nova orde para que os concellos de menos de 10.000 habitantes soliciten de novo subvencións para mellora, creación ou rehabilitación de recursos ou infraestruturas turísticas

― A orde, dotada con 3,5M€, forma parte do paquete de novas medidas de apoio ao sector turístico galego, dotado de case 16M€ de euros para continuar a inxectar liquidez ao sector turístico

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde As Somozas, Juan Alonso, visitaron varias zonas do Concello nas que se instalaron novas sinalizacións turísticas dos seus recursos estratéxicos.

Esta actuación foi posible grazas a un investimento da Xunta de máis de 20.000 euros que se inclúe dentro das axudas do Goberno galego para a mellora das infraestruturas turísticas dos municipios. Na comarca de Ferrolterra, informou Trenor, a Xunta apoiou o ano pasado 5 actuacións que contaron cun investimento total de case 100.000 euros no concellos de Area, Cabanas, Cedeira, Fene e As Somozas.

O delegado da Xunta informou tamén que hoxe remata o prazo para solicitar unha nova liña de axudas para actuacións de mellora en infraestruturas turísticas en concellos de menos de 10.000 habitantes. Trátase dunha convocatoria de subvención dotada cun orzamento de 3,5M€ que ten coma obxectivo seguir modernizando e dinamizando o sector turístico galego.

Trenor recalcou que con esta orde de axudas “buscamos seguir consolidando a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”. “Estas obras de sinalización son un bo exemplo do tipo de iniciativas que saen adiante con estes apoios”, subliñou.

Estas actuacións buscan a posta en valor turístico dos recursos, precisamente o mesmo obxectivo da orde de axudas de 3,5 millóns de euros destinadas aos concellos de ata 10.000 veciños.

A través desta liña a Xunta financiará o 100% das actuacións dirixidas ao embelecemento de accesos aos recursos turísticos, instalación ou mellora da iluminación ornamental; creación ou acondicionamento de miradoiros paisaxísticos, sendeiros ou rutas ou a adecuación dos espazos para o estacionamento de vehículos; eliminación de barreiras arquitectónicas ou sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna, entre outras accións. Os beneficiarios serán sempre concellos de ata 10.000 habitantes beneficiario cunha contía máxima por axuda concedida de 30.000 euros.

Esta liña de axudas encádrase no paquete de axudas de case 16 millóns de euros aprobado a comezos do mes de setembro para darlle continuidade ás medidas de apoio e reactivación do sector turístico por importe de 31,2M€ das diferentes convocatorias destinadas a apoiar ao sector. En total o Goberno galego destinará este ano 120M€ ao impulso da hostalería e a industria turística galega, entre os 31,2M€ das distintas convocatorias de axudas e os case 90M€ abonados aos hostaleiros a través dos dous primeiros Plans de Rescate.

CONCELLOOBXECTOIMPORTE
ARESPosta en valor da alianza aresana como centro de promoción da cultura e patrimonio indiano21.256,07 €
CABANASRecursos turísticos: recuperación, accesibilidade e sinalización28.358,83 €
CEDEIRASinalización de rutas Santo André de Teixido e intervención no campo do Castro17.185,03 €
FENEInformación e sinalización de espazos de interese paisaxística11.970,45 €
SOMOZAS (AS)As Somozas: sinalización temática dos recursos turísticos estratéxicos20.406,92 €
TOTAL5 axudas99.177,30 €

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas