Home O Carballiño Bearíz A Xunta apoia á Asociación de Veciños de Alvite de Beariz no...

A Xunta apoia á Asociación de Veciños de Alvite de Beariz no acondicionamento do exterior do seu novo local e na dotación de equipamento informático e audivisual

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asistiu hoxe á inauguración do centro social en cuxa posta en marcha colaborou o Goberno galego

― Natalia Prieto lembrou a aposta da Xunta polo asociacionamismo veciñal co incremento este ano do orzamento da orde de axudas destinada a sufragar as actuacións de entidades veciñais nun 20%, ata acadar os 3M€

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou hoxe na inauguración do centro social da asociación de veciños de Alvite do concello ourensán de Beariz no que se levaron a cabo melloras realizadas co apoio da Xunta.

A través dunha axuda do Plan específico de acción comunitaria, destinadas a asociacións, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais, o Goberno galego colaborou con esta entidade veciñal do núcleo de Alvite no acondicionamento exterior do local social, así como na dotación de equipamento informático e audiovisual cunha achega de máis de 31.000 euros nas convocatorias de 2020 e 2021.

As obras incluíron a colocación de lousas de pedra no acceso a algunhas estancias, a plantación de árbores tipo camelia no xardín, así como a colocación de valado na parte traseira e a habilitación dun espazo para realizar proxeccións de cine ao exterior en verán. Tamén se realizou a acometida da instalación eléctrica e das redes de abastecemento e de saneamento.

Ademais, a colaboración da Xunta permitiu dotar ao centro social de mobiliario e equipamento audiovisual cun novo proxector de imaxe, unha pantalla para o proxector, equipo de son, ordenador portátil, impresora láser e cadeiras abatibles.

Na clausura do acto, Natalia Prieto lembrou que o orzamento para as axudas concedidas ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria, incrementouse este ano nun 20% con respecto ao 2021, ata acadar os 3 millóns de euros.

Así, incidiu en que este reforzo encádrase na aposta da Xunta pola dinamización do asociacionismo veciñal e pola mellora da calidade da vida local. Deste xeito, os investimentos da Xunta van dirixidos a sufragar os gastos ocasionados como consecuencia de actuacións realizadas en inmobles da titularidade das entidades solicitantes, ou dos que teñan dereito de uso, así como os equipamentos necesarios para o seu funcionamento
En concreto, no marco das axudas do Plan de acción comunitaria fináncianse traballos de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais xunto coa compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades.

Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas