HomeXunta de GaliciaA Xunta apoia a formación sobre compra asistida para persoas con discapacidade...

A Xunta apoia a formación sobre compra asistida para persoas con discapacidade de cara a garantir o acceso a produtos e bens en igualdade de oportunidades

- Anuncio -spot_img
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe en Ourense a unha das formacións impulsadas polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) co apoio do Goberno galego
  • Nun dos establecementos do grupo Vegalsa-Eroski, agradeceu a súa implicación —así como a de Gadis, Alcampo, Froiz e Hipercor— nesta iniciativa que, segundo dixo, se seguirá promovendo a prol dun colectivo que se considera de prioritaria atención  

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe en Ourense a unha das formacións sobre compra asistida para persoas con discapacidade impulsada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) co apoio da Xunta. Nun dos establecementos do grupo Vegalsa-Eroski, agradeceu a implicación desta distribuidora alimentaria —así como a de Gadis, Alcampo, Froiz e Hipercor— nesta acción formativa que considera fundamental para garantir a igualdade de oportunidades á hora de acceder a todo tipo de produtos e bens.

Nese senso, o director xeral puxo de relevo a formación teórica e práctica que contemplan estes convenios de colaboración, orientada a que calquera persoa con discapacidade que se achegue a mercar a unha das tendas involucradas teña asegurada a plena asistencia de cara a poder efectuar a súa compra con éxito. Un dereito que deben ter garantido todas as persoas consumidoras, polo que o Goberno galego seguirá impulsando —destacou— tanto esta iniciativa como outras similares a prol dun colectivo que considera de prioritaria atención no ámbito do sector comercial. Nese sentido, puxo en valor a ducia de formacións confirmadas para que os establecementos implicados se doten das ferramentas necesarias de cara a asistir con propiedade as persoas con discapacidade.

Alén sinalou que este tipo de accións contribúen a acadar un comercio forte e competitivo, adaptado ás novas realidades e demandas da clientela, ao tempo que se reforzan as colaboracións entre os distintos axentes para sumar sinerxías no marco da folla de ruta que deseña o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Nese senso, reafirmou o compromiso da Xunta co pequeno comercio como sector primordial que xera riqueza e emprego, ao tempo que vertebra o territorio e fixa poboación. Aludiu tamén á súa diversidade ao servizo da cidadanía e en beneficio da dinamización das cidades e vilas, especialmente no rural.

Publicacións Relacionadas