Home A Coruña A Xunta apoia á peme Galopin Playgrounds con 44.000€ para incorporar o...

A Xunta apoia á peme Galopin Playgrounds con 44.000€ para incorporar o deseño aos seus procesos

- Anuncio -

― O delegado da Xunta visitou a instalacións desta empresa do sector do deseño e fabricación de elementos de xogos, actividade física e mobiliario para uso en espazos públicos beneficiada pola orde de axudas DeseñaPeme

― Esta convocatoria, que mobiliza ao redor de 3M€ en toda Galicia, permite mellorar a capacidade de innovación e sustentabilidade das pemes e microempresas

― Enmárcase dentro do novo Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 e o seu obxectivo é apoiar proxectos de deseño de produtos, servizos, experiencias, marcas e identidade corporativa

― A incorporación do deseño á estratexia empresarial repercute positivamente en factores coma o volume de vendas, a penetración no mercado, a internacionalización e a fidelización do cliente

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a empresa Galopín Playgrounds do sector do deseño e fabricación de elementos de xogos, actividade física e mobiliario para uso en espazos públicos, beneficiada pola orde de axudas de DeseñaPeme que ten por obxectivo apoiar ás pemes e as microempresas para que incorporen o deseño aos seus procesos produtivos.

O representante do Goberno galego, coñeceu de primeira man a proposta desta empresa, que contou cun apoio da Xunta de máis de 44.000 euros, entre os anos 2021 e 2022, para levar a cabo unha gama completa de productos que integren un programa para avanzar na aposta polo deseño mecánico e un sofware de xestión. O proxecto contempla avances na innovación empresarial para deseñar mobiliario con funcionalidades diferenciáis e innovadoras que permitan cubrir as carencias existentes, contempla ademáis avances en termos de sostibilidade creando novos elementos en base a principios de ecodeseño con vidas útiles máis altas e recolle tamén a apertura de novos mercados coa redcción de custes de venta e loxísticos.
Trenor explicou que DeseñaPeme é a primeira liña de axudas específicas para que as microempresas e pemes galegas poidan mellorar a súa capacidade de innovación e sustentabilidade a través da incorporación e a xestión do deseño estratéxico. A través dun investimento público de preto de 1,5M€, o Goberno galego apoia 25 proxectos en toda Galicia que mobilizan 2,95 millóns de euros.
Esta nova iniciativa, promovida pola Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), enmárcase dentro do novo Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 e fará posible 86 contratos –16 novas contratacións e mantemento de 70 postos de traballo cualificados–.
Os proxectos beneficiarios de DeseñaPeme 2021 están aliñados coas prioridades establecidas na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia en tres modalidades concretas: deseño de produtos novos ou redeseños dos xa existentes (16); iniciativas para o deseño ou redeseño de servizos e experiencias (4); e deseños de marca e identidade corporativa que lle presten unha especial atención aos valores sustentables e innovadores (5).
Mediante estas axudas, a Xunta quere contribuír a que o deseño estratéxico se converta nun elemento relevante e habitual na planificación, nos procesos e no modelo de negocio das empresas galegas, impulsando a súa capacidade innovadora e a súa competitividade no mercado global, aumentando o volume de vendas e a penetración no mercado, a súa internacionalización, propiedade industrial, diferenciación, imaxe percibida e recoñecemento de marca e fidelización do cliente.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

Publicacións Relacionadas