Home Ourense O Pereiro de Aguiar A Xunta apoia a través do programa "O Teu Xacobeo" o proxecto...

A Xunta apoia a través do programa “O Teu Xacobeo” o proxecto “O Camiño Imaxinado” en O Pereiro de Aguiar

- Anuncio -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe, xunto ao delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o encoro de Cachamuiña onde se levará a cabo a iniciativa
Trátase da recreación da Vía da Prata para divulgar neste municipio os valores do Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o encoro de Cachamuiña, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, que acollerá o proxecto Un camiño imaxinado, que contou co apoio da Xunta no marco do programa O Teu Xacobeo cunha achega de máis de 17.900 euros. Á visita tamén acudiu o alcalde Luis Menor.

Trátase dunha recreación das distintas etapas da Vía da Prata entre A Pobra de Sanabria e Santiago de Compostela e que unha vez desenvolvido converterase nun medio de divulgación e promoción do Camiño de Santiago neste municipio, dentro unha contorna natural privilexiada e porta de entrada cara a Ribeira Sacra e as serras orientais de Galicia.

O Camiño imaxinado exporá, nun percorrido deseñado a unha escala circular de 4 quilómetros nun espazo de recreo de uso diario, o patrimonio natural e cultural presente nas diferentes etapas da Vía da Prata en dous orixinais formatos.

Por unha parte, utilizarase a cuncha da vieira como símbolo máis representativo do Camiño de Santiago de gran tamaño para sinalizar a ruta no inicio desta e, por outra, distribuiranse nove paneis informativos ao longo do traxecto. Nestes espazos, realizados sobre lona impresa, persoas de recoñecida traxectoria intelectual presentarán esta ruta nunha linguaxe atractiva para ilustrar os recursos presentes no percorrido.

Así, as etapas que contempla O Camiño imaxinado, atendendo tamén ás variantes que presenta esta ruta, son: A Pobra de Sanabria-Lubián (en Zamora), Lubián-A Gudiña, A Gudiña-Laza, Laza-Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Ambía-Ourense, Ourense-San Cristovo de Cea, San Cristovo de Cea-Dozón, Dozón-Bandeira e Bandeira-Santiago de Compostela.

O Teu Xacobeo
Na súa segunda fase, o programa O Teu Xacobeo pretende dinamizar os concellos que forma parte da Vía da Prata-Camiño do Sueste achegando un impulso ao diálogo entre a totalidade dos concellos polos que pasa o Camiño.
Deste xeito, apóstase por darlle voz á poboación máis nova para que sexa esta a encargada de recompilar as historias e experiencias que se xeran ao longo da Ruta Xacobea.

A segunda edición do programa O Teu Xacobeo permitirá desenvolver un total de 220 propostas orientadas a dinamizar a programación sociocultural do Xacobeo 2021-22, destinando un investimento de case 3,3 millóns de euros. Trala resolución da concesión, os beneficiarios veñen de comezar a desenvolver os seus proxectos para o que contan de prazo ata o vindeiro mes de setembro, trala concesión dun adiamento por mor da covid-19 co obxectivo de que poidan dispor de máis tempo para levar adiante os proxectos propostos.

Esta segunda edición volveu resultar un éxito de convocatoria, con case un milleiro de proxectos presentados, que permitirán mobilizar un orzamento de 5,8 millóns de euros.

O resultado é unha programación sociocultural que está a contribuír na promoción de Galicia e, especialmente, do Xacobeo 2021, a través dun impulso descentralizador e plural que permite o desenvolvemento de actividades en todo o territorio galego.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

Publicacións Relacionadas