A Xunta apoia a visibilización das mulleres no partido de hoxe entre o R.C. Deportivo e o C.D. Lugo

adminON
Lectura mínima de 1

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo; a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez; e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo; asistiron esta tarde no Estadio Abanca Riazor ao partido da xornada 26ª da Primeira Federación entre o R.C. Deportivo e o C.D. Lugo.

O R.C. Deportivo invita a mulleres coruñesas e galegas recoñecidas -empresarias, científicas, políticas ou deportistas- a desfrutar do encontro previo á conmemoración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller. Faino no marco da iniciativa ‘O Día Dé…” coa que o club coruñés reserva nos encontros desta tempada máis da metade das localidades do Palco de Honra a distintos colectivos da cidadanía ou a un sector da afección e que, neste caso, será ‘O Día Dé da Muller’.

Comparte este artigo