test
Home A Coruña A Xunta apoia en Santiago de Compostela a transmisión da marroquinería dentro...

A Xunta apoia en Santiago de Compostela a transmisión da marroquinería dentro dos oficios e das técnicas artesanais tradicionais de Galicia

- Anuncio -

― A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á última xornada do curso ‘Marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag’, enmarcado no programa formativo do Goberno galego ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’

― O curso está impartido por Ezequiel Franchi, do obradoiro Raíces Nómadas, finalista nas dúas últimas edicións do Premio Artesanía de Galicia e que xa participou como docente doutro curso de técnicas de marroquinería entre febreiro e marzo

A Xunta continúa co impulso á formación especializada do sector artesán galego e co apoio á recuperación e transmisión de oficios e técnicas tradicionais a través do seu programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas. A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu esta mañá á última xornada do curso Marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag, que se desenvolve en Santiago de Compostela dende o pasado mes de maio.

O curso está impartido por Ezequiel Franchi, do obradoiro artesanal Raíces Nómadas (Ribadeo), finalista nas dúas últimas edicións do Premio Artesanía de Galicia. Na actividade participan tanto artesáns profesionais como estudantes de artes e oficios con experiencia na marroquinería.

Trátase do segundo curso enmarcado no programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas impartido por Ezequiel Franchi, xa que entre os meses de febreiro e marzo deste ano dirixiu a formación Marroquinería fina. Elaboración dunha tote bag con asas ríxidas, tamén no espazo de Creativas Galegas, en Santiago de Compostela.

Programa formativo a prol da remuda xeracional
Aprender da tradición. Oficios e técnicas é un programa impulsado polo Goberno galego a través da Fundación Artesanía de Galicia para a renovación e a conservación de técnicas e de oficios tradicionais na artesanía galega, no que se teñen programado xa cursos especializados en ourivería, tecido tradicional, olería de Buño, tornería de madeira, patronaxe, tapicería e xastrería. Despois do verán está previsto introducir novas propostas formativas noutras técnicas tradicionais vinculadas a diferentes oficios.

Relacionadas

Rueda eloxia as iniciativas turísticas que xeran riqueza e conseguen que Galicia siga estando...

0
Destaca o proxecto como un exemplo de turismo sustentable e de calidade A falta dos últimos datos completos de maio, os establecementos turísticos galegos...

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Rueda anuncia que hoxe se publica no DOG a orde de axudas de ata...

0
Galicia é a única comunidade autónoma que ofrece este tipo de axuda directaEste ano tamén se poderán beneficiar as persoas diagnosticadas de Esclerose Lateral...

Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a...

0
O Consello de Administración da empresa pública foi informado de que o importe medio a pagar en 2024 pola xestión dos residuos quedaría en...

Xosé Merelles pon en valor do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en...

0
O director de Turismo de Galicia presenta o evento xunto o delegado da Xunta en Ourense que se celebrará en Arnoia, Cenlle e Castrelo...

A Xunta eafirma o seu compromiso co tecido produtivo e co emprego da provincia...

0
José González lembrou accións en colaboración coa CEO a prol da inserción laboral e da formación para o emprego e sinalou que onte aprobáronse...

Publicacións Relacionadas