HomeXunta de GaliciaA Xunta apoia o Ciclo Festa dos Mundos 2022, que traerá a...

A Xunta apoia o Ciclo Festa dos Mundos 2022, que traerá a Galicia 5 artistas con gran proxección internacional

- Anuncio -spot_img

 O Ciclo musical foi deseñado para fixar unha ponte entre a celebración do Xacobeo 21·22 e o próximo ano Xacobeo.


 O programa inclúe cinco artistas con gran proxección internacional procedentes de España, Portugal, Arxentina, Estados Unidos e, coma mostra de solidariedade, Ucraína.

A Xunta de Galicia apoia o ciclo Festa dos Mundos 2022 “Suseia et Ultreia. Todos os pobos, linguas e tribos”, un proxecto enfocado á celebración da diversidade cultural a través da música, nun ciclo que pon o acento no recoñecemento a aqueles viaxeiros, peregrinos e turistas que acudiron a Santiago de Compostela nestes dous anos de celebración.

A través deste ciclo quérese celebrar a diversidade como motor de creación, tolerancia e recoñecemento mutuo entre culturas dos Camiños de Santiago. Para elo, contan con catro artistas con gran proxección internacional procedentes de España, Portugal, Arxentina, Estados Unidos, sendo os artistas dos tres primeiros territorios representantes dos países que máis visitantes achegaron a Galicia neste Xacobeo 21-22.
E, como mostra de solidariedade, actuará tamén unha banda ucraína que representa a un país ao que dende Galicia e co espírito Xacobeo quérese amosar solidariedade.

Os artistas que actuarán neste ciclo serán o español Amancio Prada, a portuguesa Ana Moura, a arxentina La Yegros, a estadounidense Leyla McCalla e a banda ucraína Dakhabrakha.

Publicacións Relacionadas