Home Xunta de Galicia A Xunta apoia o transporte de mercadorías a través dun plaan estratéxico...

A Xunta apoia o transporte de mercadorías a través dun plaan estratéxico para impulsar áreas de estacionamento seguro

- Anuncio -

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe en Lugo na clausura da asemblea xeral ordinaria da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou esta mañá en Lugo na clausura da asemblea xeral ordinaria da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor), onde puxo en valor a representatividade e traballo da entidade co obxectivo de garantir a máxima eficiencia e calidade no transporte de mercadorías na comunidade.

A Xunta mantén o apoio a este sector e, como lembrou Judit Fontela, entre as medidas postas en marcha polo Goberno galego dirixidas a este ámbito destaca o plan estratéxico para o desenvolvemento dunha rede galega de aparcadoiros seguros para o transporte de mercadorías co obxectivo de acadar 2.200 prazas nos próximos anos. Así, a área de transportes do Ceao, no concello de Lugo, que conta cun aparcadoiro para vehículos pesados de máis de 80 prazas con servizos asociados, foi modernizada para adaptala ás novas exixencias do mercado. 

Trátase dunha medida moi demandada polo sector que vai dirixida a mellorar a seguridade e condicións laborais dos profesionais do transporte. A Xunta, con esta actuación, busca mellorar os servizos aos transportistas na comunidade autónoma, sempre en coordinación con entidades públicas ou privadas, asociacións e administracións que compartan o mesmo obxectivo.

Neste plan, inclúense iniciativas como as axudas convocadas o ano pasado para a creación dunha rede de aparcadoiros certificados para camións mediante a transformación das áreas de tránsito nas rutas xa existentes. A esta liña súmase outra destinada á modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías.

Por outra banda, a Xunta colabora na formación dos profesionais deste sector e este ano inviste 500.000 euros nas subvencións anuais dirixidas á realización de actividade formativas para o colectivo do transporte en Galicia ofertadas por entidades colaboradas da Administración autonómica e integradas no Comité Galego de Transportes por Estrada.

Relacionadas

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

A Xunta destaca a inclusión de Portugal nas etapas de ‘O Gran Camiño’ para...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe á presentación da cuarta edición da proba, que atravesará as catro provincias galegas do...

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

Publicacións Relacionadas