Home A Coruña A Xunta apoiou a 6 establecementos hostaleiros da Comarca do Barbanza para...

A Xunta apoiou a 6 establecementos hostaleiros da Comarca do Barbanza para investimentos en equipamentos post covid por un importe de case 207.000€

- Anuncio -

― Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos

― A liña de axudas da Xunta, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

― As axudas estiveron orientadas a actuacións como sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización, así como sistemas de check-in automáticos, entre outros

 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o hotel Atmos,, un dos beneficiados pola orde de axudas para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hostaleiros que lle permitiu mellorar os sistemas domóticos e renovar os seus controis de acceso.

Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos”. Na comarca do Barbanza recibiron estas axudas un total de 6 establecementos por un importe de case 207.000 euros e movilizaron máis de 230.000 euros. No ámbito galego estes apoios ascenderon 3 millóns de euros
O delegado da Xunta puxo en valor este tipo de axudas porque “son inxeccións moi importantes para superar o impacto da pandemia e para seguir incrementando os estándares de calidade dun sector fundamental para a economía galega”.

A liña de axudas da Xunta para a dotación de equipamentos poscovid, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.

Os beneficiarios recibiron achegas de ata o 90% do seu investimento cunha contía máxima de 50.000 euros e as actuacións deberán orientarse á adquisición de medidores calidade do aire, sistemas domóticos ou de check-in automático, redes de control de distancia, accesos e aforos, infraestruturas de ventilación e climatización do aire, cartelería, rotulación ou sinaléctica.

Antecedentes
Esta liña de axudas foi posta en marcha o ano pasado no marco do conxunto de medidas impulsadas pola Xunta de Galicia para apoiar ao tecido empresarial galego fronte ás circunstancias derivadas da pandemia.

As solicitudes concedidas na convocatoria anterior foron 464 por un importe de preto de 6 millóns de euros.

DATOS DO ESTABLECEMENTO NOME COMERCIALCONCELLOOBXECTO AXUDA SEGÚN CONVOCATORIATOTAL CUSTO SEN IVE SUBVENCIONABLEAXUDA CONCEDIDA CON IVE (MÁXIMO 50.000)
CHICOLINOBOIROSISTEMAS DE CLIMATIZACIÓN E REFORMAS ORIENTADAS A CREACIÓN DE ESPAZOS 56.220,80 €          50.000,00 €
RESTAURANTE A MOROSACARNOTAPORTAS E CONSIGNAS AUTOMÁTICAS 8.940,00 €            8.046,00 €
MORADA DA MOACARNOTASISTEMAS DOMÓTICOS, CONTROL DE DISTANCIAS, OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS, PORTAS E CONSIGNAS AUTOMÁTICAS, CONTROIS DE ACCESO, SOFTWARES DE CONTROL,  ASOCIADOS E SISTEMAS CHECK- IN ASOCIADOS, SISTEMA CLIMATIZACIÓN 52.580,00 €           47.322,00 €
HOTEL MEIGA DO MARCARNOTAEQUIPAMENTO MULTISERVIZO, MEDIDOR CO2,CARTELEIRA E RÓTULOS, NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO 2.558,47 €              2.302,62 €
HOTEL ATMOSOUTESSISTEMAS DOMÓTICOS, SISTEMAS DE CHECK-IN AUTOMÁTICOS, CONTROL DE ACCESO 56.309,00 €          50.000,00 €
FERA RESTAURANTEOUTESREFORMAS ORIENTADAS Á CREACIÓN DE ESPAZOS QUE SUXIRAN MAIOR AMPLITUDE 55.712,98 €          50.000,00 €
6 AXUDAS 232.321,25 €          207.670,62 €

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas