HomeXunta de GaliciaA Xunta aposta pola axilidade administrativa na concesión de permisos de residencia...

A Xunta aposta pola axilidade administrativa na concesión de permisos de residencia á poboación migrante

- Anuncio -spot_img

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou hoxe no ‘I Foro de estranxeiría 2025’ a aposta do Goberno galego por axilizar os trámites para que as persoas migrantes poidan regularizar a súa situación, así como as medidas levadas a cabo a prol do retorno e da atracción de talento

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou hoxe en Ferrol na xornada de apertura do I Foro de estranxeiría 2025, organizado polo Patronato Concepción Arenal, a necesidade de ofrecer ás persoas migrantes a información, acompañamento e orientación que precisan para regularizar a súa situación. Así, asegurou que é preciso promover unha “xustiza sostible” que resolva os problemas da cidadanía de maneira real e efectiva e axilidade administrativa na resolución das autorizacións de residencia.

Na súa intervención, José Tronchoni, lembrou o traballo da Xunta para promover a inclusión desta poboación e a aposta por axilizar os trámites para que as persoas migrantes ou retornadas poidan iniciar “un proxecto de vida” na comunidade galega e atopen un traballo adecuado ao seu perfil profesional. Nesta liña, lembrou as medidas a prol do retorno por parte do Goberno galego a través da Estratexia Galicia Retorna co obxectivo de ofrecer estabilidade ás persoas retornadas e empresas, así como atraer talento do exterior.

Regulamento de Estranxeiría

O foro celebrado en Ferrol aborda as implicacións do novo Regulamento de Estranxeiría aprobado polo Goberno central, que entra hoxe en vigor. A Xunta lamenta as contradicións do Executivo estatal ante unha realidade tan sensible como a migratoria e que actúe con rigor atendendo as demandas de comunidades como Galicia, de entidades do terceiro sector ou do propio persoal das oficinas de Estranxeiría. 

Publicacións Relacionadas