Home Xunta de Galicia A Xunta aposta pola coordinación entre institucións para acadar unha xestión áxil...

A Xunta aposta pola coordinación entre institucións para acadar unha xestión áxil e eficaz das emerxencias

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe xunto ao reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, na presentación da Memoria de responsabilidade social da institución académica

― O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, interviñeron nunha mesa redonda sobre os incendios forestais e o cambio climático

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na presentación da Memoria social de responsabilidade social da Universidade da Coruña (UDC), xunto ao reitor da entidade, Julio Abalde. O documento amosa o compromiso da institución académica na xestión de riscos en emerxencias e catástrofes e inclúe unha presentación da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias.
A Xunta aposta pola colaboración entre as institucións na xestión das emerxencias e, destaca o traballo realizado neste eido por parte da Universidade coruñesa. Así, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colabora co Centro de Investigación en Tecnoloxía da Información e da Comunicación (CITC) da entidade en melloras tecnolóxicas en materia de emerxencias.
A xornada incluíu unha mesa redonda titulada Incendios forestais e cambio climático. Retos da protección civil e xestión de emerxencias na que, por parte da Xunta, participaron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez. No foro abordouse a dimensión social dos incendios, a necesidade de contar cunha planificación para prevención e extinción, así como os cambios sociais e climáticos que provocan os lumes.
Nesta liña, o Goberno galego avoga pola coordinación dos efectivos de emerxencias na loita contra os lumes en base ao Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) e o Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais (Peifoga). A través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, mobilízanse os servizos de emerxencias necesarios. No que se refire aos servizos municipais, a Xunta colabora no seu funcionamento e na dotación de equipamento.

Relacionadas

O vicepresidente segundo da Xunta mantén un encontro co embaixador de España na República...

0
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, foi recibido na xornada de onte polo embaixador de España na República...

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada...

0
― Estas novas actuacións nas vías da provincia da Coruña súmanse ás que se están levando a cabo nas últimas semanas na AC-549 en...

A Xunta financia con 11,4M€ a contratación de 102 novos investigadores predoutorais que se...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica a lista de seleccionados, que recibirán un importe de ata 112.000€ por investigador para todo o período,...

Román Rodríguez avalía co embaixador de España da UNESCO as tres candidaturas galegas a...

0
— O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes en Rabat no marco do 17 Comité...

A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo...

0
― Esta estrutura ten unha superficie en planta rectangular de 430 m² e na súa construción estanse a empregar 1.225 m³ de formigón e...

Diego Calvo coñece as melloras de habitabilidade nos núcleos de vivendas de San Pedro...

0
— O vicepresidente segundo visitou os “bateyes” de La Balsa e La Cubana nos que, xunto co de Olivares, as ONGD Asemblea de Cooperación...

Publicacións Relacionadas