test
Home Xunta de Galicia A Xunta aposta por concienciar aos máis novos sobre a protección dos...

A Xunta aposta por concienciar aos máis novos sobre a protección dos espazos naturais para convertelos en aliados no seu coidado presente e futuro

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez destaca a importancia de facer unha xestión sustentable de áreas como o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés pois son verdadeiros pulmóns naturais e unha ferramenta fundamental na loita contra o cambio climático


— A Xunta investiu en 2023 máis de 750.000 euros na conservación deste espazo natural ourensán, aos que se sumará este ano o inicio das obras de mellora da eficiencia enerxética do centro de interpretación, cun orzamento de 600.000 euros


— O Executivo galego convocou este exercicio tres liñas de axudas que suman un importe de máis de 6,2 millóns de euros para accións coas que preservar os espazos naturais galegos amparados por algunha figura de protección

A Xunta aposta por concienciar aos máis novos sobre a importancia de protexer e conservar os espazos naturais pois son fundamentais para a comunidade tanto desde o punto de vista ambiental como desde o económico e o social. Deste xeito, a mocidade pode converterse nun verdadeiro aliado, no presente e no futuro, para o coidado dos valores naturais, da flora e da fauna galegas.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe nunha xornada didáctica con escolares no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, coincidindo co Día Europeo dos Parques Naturais, onde destacou a relevancia de facer unha xestión sustentable destes espazos pois son verdadeiros pulmóns naturais e unha ferramenta fundamental na loita contra o cambio climático.

A responsable autonómica acompañou a máis de medio cento de alumnas e alumnos de primaria -de entre 6 e 12 anos- do CEIP do Xurés, en Lobios, en parte do seu percorrido por este parque natural ourensán, que incluíu a visita ao seu centro de interpretación, un paseo pola ruta do río Vilameá así como á chaira da Ponte de Pedra. Ángeles Vázquez participou ademais na solta de tres miñatos que estiveron ingresados no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) do Rodicio (Maceda) e comprobou a formación que se lle dá á cativada sobre a busca e identificación das distintas especies de flora autóctona existentes no parque natural.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático defendeu a importancia de preservar os espazos naturais protexidos na comunidade -seis parques naturais e un parque nacional- e lembrou que a Xunta investiu en 2023 máis de 750.000 euros en distintas actuacións de mellora da sinalización, mantemento, recuperación e rehabilitación de hábitats, entre outras accións, no ámbito do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Nesta liña, destacou que este ano está previsto iniciar as obras de mellora da eficiencia enerxética do centro de interpretación do parque natural cun investimento de máis de 600.000 euros, unha actuación que conta con financiamento do Plan PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos).

Ángeles Vázquez tamén puxo en valor que no que vai de 2024 o Executivo galego convocou axudas por máis de 6,2 millóns de euros en tres ordes distintas para preservar os espazos amparados por algunha figura de protección. Son as achegas para iniciativas de conservación e posta en valor dos seis parques naturais galegos (1,6 millóns de euros), os apoios aos concellos para a execución de actuacións, estudos e iniciativas nas sete reservas da biosfera de Galicia (1,8 millóns de euros) e as axudas para espazos de Rede Natura no período 2024-2025, que contan cun orzamento de 2,8 millóns de euros.

De feito, o Baixa Limia-Serra do Xurés é o parque que máis solicitudes de axuda adoita recibir tanto na provincia de Ourense como no conxunto de Galicia, o que mostra o interese das entidades públicas e privadas da contorna na mellora e conservación dos valores naturais deste territorio singular.

Zona protexida
O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés foi declarado espazo natural protexido en 1993 e abarca case 29.400 hectáreas entre a serra do Xurés e o val do Limia. Repártese entre os concellos de Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e Calvos de Randín e chega ata a fronteira con Portugal, onde limita co parque nacional luso Peneda-Gêres.

De feito, este parque natural ourensán forma parte da Reserva da biosfera transfronteiriza Gêres-Xurés, a única galega destas características e xestionada conxuntamente entre Galicia e o norte de Portugal, que impulsan distintas accións de cooperación transfronteiriza como a recente repoboación de terreos galegos da reserva con piñeiros silvestres ou teixos de alto valor ecolóxico.

Este parque é un dos seis naturais existentes en Galicia -xunto ás Fragas do Eume, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Complexo dunar de Corrubedo e lagos de Carregal e Vixán- aos que se suma o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Estes sete parques, repartidos por 19 concellos, acadan unha superficie total de preto de 58.000 hectáreas nas que hai máis de 400 quilómetros de rutas que se poden percorrer a pé ou en bicicleta.

Relacionadas

Rueda afirma o compromiso do goberno galego coa sanidade pública e coa busca dos...

0
-Destaca a importancia do diálogo entre goberno e colexios médicos para seguir mantendo unha “magnífica sanidade pública” O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou hoxe...

A Xunta apoia en Santiago de Compostela a transmisión da marroquinería dentro dos oficios...

0
― A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á última xornada do curso ‘Marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag’,...

A Xunta de Galicia elevarà a máis de 300.000€ o investimento nos últimos anos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, explica no Parlamento que se destinará unha partida de 30.000€ para a adquisición de materiais para estes...

Galicia destaca en Bruxelas o Camiño de Santiago como exemplo de experiencia de raíces

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nunha reunión do Comité Europeo das Rexións na que se debateu...

A Xunta súmase á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou no acto conmemorativo organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia O conselleiro...

López Campos destaca o poder do audiovisual como ferramenta de expresión e formación da...

0
— Os cineastas Alejandro Tarraf, Carla Andrade e Fon Cortizo guiaron os filmes nos que participaron docentes e estudantes de centros de ensino de...

Publicacións Relacionadas