Home Lugo Chantada A Xunta aproba inicialmente o Plan Territorial Especial da parroquia de San...

A Xunta aproba inicialmente o Plan Territorial Especial da parroquia de San Fiz de Asma para perservr e ordenar unha das paisaxes singulares da Ribeira Sacra

- Anuncio -

— O documento sométese desde hoxe e durante o prazo dun mes a un período de información pública e de forma paralela, iranse solicitando os informes sectoriais

— Ángeles Vázquez subliña o fito que suporá este instrumento de ordenación para unha paisaxe construída “digna de preservar” e para a Ribeira Sacra no seu conxunto

— Trátase dunha das medidas do Plan de acción estratéxico impulsado pola Consellería en 2019 para mellorar a ordenación paisaxística, ambiental e urbanística desta zona

A Xunta de Galicia acaba de aprobar inicialmente o Plan territorial especial (PTE) de San Fiz de Asma, o primeiro documento destas características que se promove na Comunidade e que ten como obxectivo garantir unha ordenación do territorio que preserve o patrimonio natural e cultural que alberga esta paisaxe construída singular e altamente representativa da Ribeira Sacra.

Así o anunciou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que estivo precisamente en Chantada acompañada polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para asistir á presentación do documento, coincidindo coa publicación hoxe no DOG do anuncio polo que se somete a información pública durante o prazo dun mes.

A partir de agora e de forma paralela a este trámite, notificarase individualmente a todos os titulares de terreos na zona e se lles dará audiencia á Deputación provincial e ao Concello de Chantada, ademais de solicitar os informes sectoriais preceptivos para poder avanzar na tramitación. O obxectivo, explicou a conselleira, é que o PTE de San Fiz poida someterse á aprobación definitiva do Consello da Xunta a finais deste mesmo ano.

O PTE de San Fiz de Asma enmárcase dentro do chamado Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, un conxunto de medidas que, como explicou Ángeles Vázquez, impulsou a Consellería en setembro de 2019 co obxectivo de mellorar a planificación e a protección deste territorio a cabalo entre as provincias de Lugo e Ourense.

Para isto, o Plan inclúe un paquete de 10 propostas a nivel ambiental, paisaxístico e urbanístico, a maioría delas xa en marcha, e das que se beneficiarán un total de 30 concellos, cun investimento global de máis de 4,5 millóns de euros.

Unha destas medidas é o PTE de San Fiz —inicialmente tramitado como Plan de ordenación do medio físico (POMF)—, un documento que xorde da declaración da Paisaxe cultural da Ribeira Sacra como Ben de interese cultural a finais do ano 2018, momento no que se considerou necesario realizar unha ordenación detallada desta parroquia.

As súas condicións xeolóxicas e morfolóxicas, os valores patrimoniais e a xeografía, xunto cunha recente ocupación, confírenlle unha identidade diferenciada doutras paisaxes que a fan tamén altamente representativa dos atractivos da Ribeira Sacra.

Tal e como subliñou a conselleira, coa elaboración do PTE —cun investimento da Xunta de 68.000 euros— preténdese a conservación e o mantemento das características que a converten nunha paisaxe construída “digna de preservar”, polo que considerou que será un fito clave na protección e posta en valor da zona no seu conxunto. “Este vai ser o exemplo para o resto de Chantada pero tamén para o resto da Ribeira Sacra”, declarou.

Modelo construtivo predominante tradicional
O ámbito obxecto de estudo, cunha superficie de 225 hectáreas e 1.781 parcelas das que menos do 30% están ocupadas, conta cunha gran densidade de construcións singulares e de especiais características que requiren dunha ordenación detallada e específica.

De feito, durante a presentación do plan, o arquitecto superior do estudo redactor Crecente Asociados, Rubén Santiago, explicou que o 60% das 425 construcións analizadas —o 100% das existentes no ámbito— son anteriores ao ano 1956 e que nunha porcentaxe aínda maior responden a unha tipoloxía tradicional, con predominio sobre todo das casetas de viña, seguidas de adegas de garda e doutro tipo de construcións.

Neste sentido, a conclusión é que, en xeral, o modelo construtivo predominante en San Fiz de Asma —edificacións tradicionais de menos de 50 m2, dunha soa planta e con cuberta de 1 auga—, está ben integrado na paisaxe que a rodea, se ben as construcións máis recentes e menos numerosas producen algunhas distorsións no ámbito.

Precisamente, a función principal do PTE será fixar pautas de intervención sobre as construcións, os viarios de acceso e os socalcos así como os materiais a empregar. En definitiva, preténdese manter as características dunha paisaxe construída cunha función que se quere conservar e difundir, incidindo nos aspectos territoriais de forma compatible cunha economía agrogandeira e de recursos culturais e turísticos sustentables e establecendo as medidas de protección que garantan a súa preservación, restauración ou mellora e a súa adecuación ás funcións e usos correspondentes.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas