Home Xunta de Galicia A Xunta asesora ao persoal municipal dos concellos adheridos ao paco das...

A Xunta asesora ao persoal municipal dos concellos adheridos ao paco das alcaldías polo clima sobre as seguintes fases a desenvolver no marco desta iniciativa

- Anuncio -

Galicia conta xa con 285 concellos adheridos a esta iniciativa, dos que o 87 % xa deseñaron un Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable

A Xunta de Galicia asesora ao persoal municipal dos concellos adheridos ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía sobre as seguintes fases a desenvolver no marco desta iniciativa a través dun webinario que hoxe foi inaugurado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Esta xornada formativa en liña, organizada no marco dos actos da Semana por unha Galicia sostible que promove a Xunta co gallo do Día mundial do medio ambiente, que se celebrou onte, 5 de xuño, ten como obxectivo orientar aos concellos de cara á actualización dos Plans de acción polo clima e a enerxía sustentable. Máis polo miúdo, segundo explicou Ángeles Vázquez, os seguintes pasos a dar serían presentar o primeiro e segundo informe de seguimento, completar os contidos relativos á adaptación ao cambio climático e introducir a loita contra a pobreza enerxética.

Nesa liña, a sesión estará dividida en dúas accións formativas. Por unha banda, analizaranse os avances levados a cabo na loita contra o cambio climático por parte dos concellos galegos e, por outra banda, abordarase a avaliación local da vulnerabilidade enerxética.

Ademais de adaptar o contido do webinario ás características dos concellos da Comunidade, ao final de cada sesión abrirase un espazo de debate e resolución de dúbidas dos asistentes.

Cómpre lembrar que Galicia conta xa con 285 concellos adheridos a esta iniciativa, dos que o 87 % xa deseñaron un Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable.

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana...

0
O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas...

A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na última década

0
— Ángeles Vázquez pon en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían...

Conservas Lago Paganini, nova empresa que conta co Certificado de Galicia Calidade para os...

0
A xerente do organismo visita as instalacións en Bueu, coa que a Xunta suma así preto de 170 empresas adheridas e 850 produtos avalados...

Galicia vai solicitar de xeito o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar...

0
Ángeles Vázquez salienta que a sentenza certifica que a norma galega é plenamente constitucional e que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía...

Publicacións Relacionadas