A Xunta asina co concello de Marín un novo convenio para que o alumnado do obradoiro de emprego municipal realice prácticas no Centro de Día Público Autónomico

adminON
Lectura mínima de 2

Estas prácticas de carácter non laborais serve para completar a súa formación na especialidade de Atención Sociosanitaria

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa, María Ramallo, asinaron hoxe o convenio de colaboración para que o alumnado do obradoiro de emprego municipal da especialidade de Atención Sociosanitaria poida realizar as súas prácticas no centro de día da Xunta de Galicia. Unha acción esencial para contribuír á formación do alumnado no sector dos coidados.

Durante o tempo que duren as prácticas non laborais os alumnos ocuparanse de planificar tarefas para actividades de apoio ao usuarios do centro de día, realizarán intervencións de carácter psico-social baixo a orientación técnica dos profesionais do centro e levarán a cabo actividades relacionadas coa súa integración na comunidade, entre outros labores propias do funcionamento diario do centro.

Perfecto Rodríguez explicou que o Consorcio ten asinados con outros concellos acordos como o subscrito esta mañá con Marín que permiten aos alumnos ampliar os seus coñecementos e desenvolver as súas primeiras experiencias laborais nun centro de maiores. Ademais, coa vantaxe de que poden facelo preto do lugar no que residen, sen necesidade de desprazarse longas distancias.

Comparte este artigo