A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á celebración relixiosa solemne en honra de San Francisco Javier, acto central das festas patronais que se desenvolven estes días no barrio e que congregan cada ano a numerosos veciños, dos barrios do Ventorrillo e Agra do Orzán , entidades e representantes institucionais.
A delegada agradeceu o labor de todas as persoas e colectivos implicados na organización destas festas, e especialmente puxo en valor o gran traballo do seu párroco e vicario episcopal territorial da Coruña, Severino Suárez, destacando o seu esforzo para manter viva a celebración de San Francisco Javier, que continúa a ser un punto de encontro e convivencia para toda a veciñanza.



