Home Lugo A Xunta avalía co concello posibles localizacións para construir un parque canino...

A Xunta avalía co concello posibles localizacións para construir un parque canino na cidade de Lugo

- Anuncio -

Técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático avaliarán a idoneidade das seis parcelas propostas polo Goberno municipal, situadas na contorna da praza dos Paxariños, na avenida de Fontiñas

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, mantivo hoxe un encontro con representantes do Concello de Lugo coa finalidade de analizar posibles localizacións para a construción dun parque canino na cidade. O obxectivo desta medida é proporcionar áreas seguras nas que convivir de xeito harmonioso cos animais de compañía.

Os responsables municipais trasladaron que o Goberno local conta con seis parcelas na contorna da praza dos Paxariños, na avenida de Fontiñas, nas que podería desenvolverse o proxecto. Polo tanto, unha vez coñecidas estas posibles localizacións, técnicos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático visitarán a zona para avaliar a súa idoneidade e determinar cal é o máis axeitado para construír o parque canino.

Esta reunión enmárcase no compromiso da Xunta co benestar animal e na previsión de construír un parque canino en cada unha das sete grandes cidades de Galicia, para o que os concellos terán que autorizar a dispoñibilidade dos terreos, debidamente cualificada, para poder executar a actuación e o Goberno galego encargarase de dotalos dos elementos necesarios.

Esta medida a prol do benestar dos animais de compañía engádese a outras como as axudas aos concellos, entidades protectoras e particulares para a protección dos animais de compañía, con preto de 1,4 millóns de euros de orzamento para este ano, o triplo que en 2024, e que se poden solicitar desde o pasado mes de xaneiro ata o vindeiro 12 de setembro.

Neste eido, o Executivo galego tamén conta con apoios para fomentar a adopción de animais domésticos -cans e gatos- de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados na comunidade. O período de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de setembro e o importe máximo da axuda é de 150 euros por animal da especie canina e de 125 euros no caso de felinos subvencionando custos como os derivados da identificación, esterilización, desparasitado e vacinación dos animais.

Relacionadas

A Xunta impulsa a reedición da obra “El Camino de Santiago. El libro olvidado...

0
Xosé Merelles presentou xunto co director da Casa de Galicia de Madrid, Luis Ramos, o libro que narra a ruta xacobea desde a perspectiva...

A Xunta avalía novas vías de colaboración co concello de Valga para poñer en...

0
Antón Acevedo sinalou que o Executivo Galego destinou o pasado ano máis de 275.000€ para o bono coidado no fogar neste municipio O director xeral...

A Xunta colabora co Concello de Mos na remodelación das avenidas de Puxeiros e...

0
―      O Goberno galego cofinanciará, mediante a achega de 600.000€, esta intervención que estará rematada o próximo ano ―      Esta actuación transformará o centro urbano de Mos...

A Xunta inicia os traballos de restauración fluvial na bacía do río Umia cun...

0
As actuacións incidirán nun tramo de 23 quilómetros do río Umia e nos 15 quilómetros do río Gallo contribuíndo a mellorar o comportamento da...

Os concellos poderán solicitar a partir do 25 de febreiro as novas axudas da...

0
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde pola que se regulan as bases e se convocan por primeira vez estas achegas dirixidas...

A Xunta aborda cos profesionais da fiscalía a aplicación en Galicia da Lei de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta...

Publicacións Relacionadas