test
Home A Coruña A Xunta avanza co concello de Santiago na prórroga do convenio da...

A Xunta avanza co concello de Santiago na prórroga do convenio da renovación do Servizos de Transporte Urbano á Urbanización Os Tilos

- Anuncio -

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo esta mañá unha reunión co concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, Xan Duro, na que se abordaron os trámites pendentes para reactivar o acordo entre a Xunta e os concello compostelán e o de Teo 

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo esta mañá un encontro de traballo co concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, Xan Duro, no que, entre outros asuntos, se abordou a prórroga do convenio da renovación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos entre a Xunta e o concello compostelán e o de Teo.

O acordo vixente asinouse en 2020 por un período de catro anos polo que agora é preciso levar a cabo de novo a súa renovación. Co inicio do procedemento para a prórroga do convenio dáselle continuidade ás expedicións que vén prestando desde 2015 a  empresa de transporte urbano do Concello de Santiago de Compostela.

As viaxes aos Tilos lévanse a cabo nas mesmas condicións que calquera servizo de transporte urbano, en canto ás tarifas, aos descontos, ás frecuencias, aos horarios ou ás características dos vehículos. Esta conexión en autobús entre a capital galega e a urbanización dos Tilos vénse desenvolvendo mediante a extensión das liñas 6 e 12 do transporte urbano. No marco deste convenio, non se prevé que a prolongación do urbano supoña custos económicos para ningunha das administracións participantes.

Para a súa formalización, resulta preciso que ambos municipios aproben a prórroga nos seus órganos correspondentes para que a Xunta poida iniciar a tramitación.

A Xunta continúa así a mellorar as comunicacións desde o centro de Santiago cara ás parroquias de Teo no marco da actualización continua do Plan de Transporte Público de Galicia. De feito, o pasado abril optimizou dende os horarios dos servizos para facilitar os desprazamentos de Santiago de Compostela ata a parroquia de A Agrela, en Teo, mediante o transbordo na Ramallosa e dando resposta ao conxunto de peticións trasladadas polo Concello e a veciñanza.

Por outra banda, no encontro de hoxe tamén se abordou unha posible cesión de terreos na zona de San Lázaro, da que o concello está a redactar a proposta de convenio, co obxectivo de que a Xunta instale unha nova marquesiña.

Relacionadas

Xosé Merelles participa na gala do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde aos actos de celebración do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino,...

A I Liga Xunta de Galicia de Hip Hop decídese no Porriño este sábado...

0
●       A última proba do circuíto de catro ten lugar no Porriño, de onde sairán os campións e campioas galegos.●       A competición terá lugar...

A Xunta adquire 22 parcelas nas Fragas do Eume e eleva en case 12...

0
As fincas repártense entre os concellos de Monfero, A Capela e Cabanas e elevan o espazo non adscrito a propietarios privados a arredor de...

Xosé Merelles enxalza o atractivo turístico internacional da Romaría Vikinga de Catoira que se...

0
Na presentación da nova edición da festa referiuse tamén á importancia do proxecto de mellora nas Torres que se inclúe no marco do Plan...

Establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poderán adherirse desde mañá sábado á nova...

0
www.bonoturismo.gal, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os detalles da nova campaña do...

Lete destaca a aposta da Xunta polo pádell e as súas infraestruturas, que conseguer...

0
_Dende 2009, a Federación Galega de Pádel pasou de ser a vixésimo novena federación galega en número de licenzas con 1.482 a ser hoxe...

Publicacións Relacionadas