Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento do núcleo urbano...

A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento do núcleo urbano de Lalín cun tanque de tormentas e novos colectores, cun investimento de máis de 7 M€

- Anuncio -

Ángeles Vázquez engade que se instalará un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra

A Xunta de Galicia avanza na mellora da rede de saneamento de Lalín e das condicións ambientais do río Pontiñas cun tanque de tormentas e novos colectores, que supuxeron un investimento de algo máis de 7 millóns de euros.

Segundo explicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou ás obras destas actuacións, na que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Crespo, o tanque e os colectores permitirán aumentar o almacenamento na rede ante episodios de choiva e incrementarán a capacidade da estación depuradora de augas residuais (EDAR) existente.

Máis polo miúdo, estas obras, que están próximas a finalizar, consistiron na construción dun tanque de tormentas, cun volume de retención de 5.000 m3, e de 1,2 quilómetros de colectores interceptores de poliéster reforzado con fibra de vidro para canalizar os vertidos á nova instalación e o vertido de alivio ao Pontiñas. A maiores, segundo engadiu a conselleira, instalarase un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra.

Ángeles Vázquez lembrou que esta actuación está recollida como prioritaria no Plan director de saneamento de Lalín, que redactou Augas de Galicia, e enmárcase na aposta da Xunta por apoiar aos concellos nas súas responsabilidades municipais de abastecemento, saneamento e depuración.

A maiores, a conselleira subliñou que, para acadar os resultados establecidos nese Plan director, as obras do tanque de tormentas e dos colectores interceptores irán acompañadas doutras actuacións como o proxecto de construción dunha nova EDAR que poida xestionar o volume de auga residual retido durante os episodios de choiva.

Relacionadas

A Xunta inaugura en Ourense os encontros ‘Ultreia’ para impulsar o emprendemento e a...

0
— José González destacou que os encontros se levarán a cabo en colaboración coas confederacións empresariais provinciais e galega no marco do programa Ultreia...

O BNG avanza unha vintena de encontros veciñais por un novo modelo de mobilidade...

0
A fronte nacionalista vai percorrer os barrios e parroquias coa súa campaña ‘Máis buses, menos multas’ ante a “oportunidade” que abre a fin da...

A vicepresidenta da Deputación acude á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, o Automob Summit, que...

O Concello de Nigrán ofrece mañá unha visita guiada ao bosque fósil de...

0
Será o mellor momento nos vindeiros 20 anos para poder apreciar estas árbores petrificadas que datan de entre 5.000 e 10.000 anos de antigüidade,...

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo rural e a prosimidade do ensino...

0
— O conselleiro de Educación comproba o resultado da obra, cun investimento de 3,3M€, grazas á que se puido implantar o Bacharelato neste concello,...

0
MOCHILAS VIBRATORIAS PARA QUE AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA GOCEN DAS FESTAS DO CRISTO● As mochilas deberán pedirse por Rexistro Xeral antes do venres...

Publicacións Relacionadas