Home Xunta de Galicia A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público...

A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo co obxectivo de que estean rematadas este ano

- Anuncio -

― Esta estrutura ten unha superficie en planta rectangular de 430 m² e na súa construción estanse a empregar 1.225 m³ de formigón e máis de 120 toneladas de aceiro


― Para extremar a seguridade do persoal médico e dos pacientes emprégase formigón mesturado con barita, que ten unhas propiedades únicas que incrementan a densidade nun 30% con respecto ao formigón armado que se usa habitualmente na construción


― O espazo interior do búnker distribúese en forma de labirinto, para illar en todo momento a área de tratamentos radiolóxicos da zona de control médico, con muros de separación que chegan ata os 160 centímetros de grosor


― Este espazo estará dotado con dous equipos de radioterapia externa de grandes dimensións e de última xeración


― O Goberno galego continúa avanzando na execución do Hospital Público de Montecelo que nesta 1ª fase supón un investimento de máis de 130 M€, reservando nas contas de 2023 unha partida de 64 M€

A Xunta avanza a bo ritmo nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo, que prevé ter rematadas este mesmo ano.
Así mesmo, a Xunta destinou este 2022 máis de 4 millóns de euros para equipar o futuro servizo de Radioterpia do Montecelo. En concreto, en maio deste ano, o Goberno galego xa adxudicou a adquisición de dous novos aceleradores lineais por 4.440.700 €.

As obras de construción do hospital seguen avanzando de xeito simultáneo en diferentes estruturas e os vindeiros meses serán claves para o remate de varias zonas de edificación, que xa proxectan a imaxe final desta primeira fase do centro hospitalario.

Unha desas estruturas é o búnker de radioterapia, que reflicte a dimensión, a singularidade e a complexidade da obra do Hospital Público de Montecelo, con unha superficie en planta rectangular de 430 m² e en cuxa construción se están a empregar 1.225 m³ de formigón e máis de 120 toneladas de aceiro.

Con todo, estes grandes elementos construtivos de formigón armado non son suficientes, por si sos, na edificación convencional, para disipar a radioactividade procedentes dos equipos de radioterapia de grandes dimensións e última xeración que albergará o búnker. Por iso, atendendo a estas exixencias técnicas, para a execución do que é unha zona sensible e de especial protección, no búnker estanse a empregar un formigón de características especiais.

Neste caso, substituíuse como árido de mestura o habitual granito de canteiras por barita, un mineral que presenta unhas propiedades únicas que confiren unha elevada densidade. O resultado é a obtención dun formigón baritado que amplía a densidade nun 30% con respecto ao formigón armado habitualmente utilizado no sector da construción.

O cambio de granito procedente de canteiras próximas por barita fai que o prezo se multiplique, tendo en conta que na actualidade non existen canteiras nacionais operativas deste mineral, e que o custo da súa extracción é elevado. Na obra hospitalaria de Pontevedra o material que se está a empregar provén de Marrocos e é trasladado por transporte marítimo.

Desde a lousa de cimentación do búnker parten os muros, con espesores que chegan ata os 160 centímetros, e cunha tapa superior, tamén maciza, que alcanza os 170 centímetros de grosor.

Para extremar a protección e a seguridade do persoal médico e dos pacientes, o espazo interior do búnker distribúese en forma de labirinto, co obxectivo de que a zona de exposición aos tratamentos radiolóxicos estea sempre separada e illada da zona de control médico, mediante grosos muros de formigón que protexan ao persoal médico e sanitario e aos pacientes.

A disposición e as características de obra son as dun auténtico refuxio de radioactividade destinado a salvar vidas. A execución require dun proxecto específico, diferenciado do resto da actuación, que necesita contar coa aprobación do Consello de Seguridade Nuclear.

O búnker de radioterapia comezou a construírse o pasado mes de outubro na esquina sueste do novo edificio hospitalario. Está previsto que a estrutura quede rematada a finais de ano, para continuar nos meses seguintes co proceso de dotación de instalacións, acabados e equipamento radiolóxico. Nese espazo funcionarán dous equipos de radioterapia externa de grandes dimensións e con tecnoloxía de última xeración.

Estrutura completa
De xeito paralelo, o edificio hospitalario tamén está a avanzar en altura. Os traballos actuais concéntranse na torre de hospitalización en “Z”. A obra de ampliación xa ten executado máis do 60% de toda a estrutura armada e xa está rematada a parte principal da tabicaría de ladrillo, das cubertas e das fachadas, na que se continúa a despregar a envolvente e a carpintería de aluminio.

Ao mesmo tempo estase a completar a estrutura de baseamento da zona que estivo afectada polo retranqueo da tubaxe do gas, nos terreos nos que quedou concluída a fase de baleirado e as escavacións.

Polo tanto, os traballos de execución do Hospital Público de Montecelo continúan a avanzar a un ritmo intenso, tanto na parte estrutural como na de edificación, para converterse no gran equipamento asistencial de referencia para os máis de 300.000 potenciais usuarios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Este proxecto transformador do Hospital Público de Montecelo é posible grazas a un esforzo investidor da Xunta de máis de 155 millóns de euros, cunha primeira fase en execución que supón unha achega autonómica de máis de 130 millóns de euros.

Os Orzamentos da Xunta do vindeiro ano reservan para estes traballos 64 millóns de euros, unha cantidade que incrementa nun 78% a partida actual, para un impulso definitivo ás obras, de referencia no sector da edificación hospitalaria.

Na actualidade traballan na execución do Hospital Público de Montecelo preto de 200 operarios, se ben, no seu conxunto, os traballos mobilizarán 2.600 traballadores, cunha forte contribución ao emprego de nova creación.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas