Home Allariz-Maceda Allariz A Xunta avoga en Allariz por unha ciencia en igualdade de oportunidades...

A Xunta avoga en Allariz por unha ciencia en igualdade de oportunidades e que aposte polo talento galego

- Anuncio -
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no programa Nin + Nin -, iguais, un proxecto para promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e favorecer o encontro con mulleres líderes
  • Na sesión de hoxe, dirixida ás alumnas e alumnos do IES de Allariz, asistiu Elena Vázquez Cendón, galardoada en 2022 co Premio María Josefa Wonenburguer

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Allariz no programa Nin + Nin -, iguais, un proxecto que arrancou no ano 2018 para promover a igualdade de xénero no ámbito educativo e favorecer o encontro con mulleres singulares líderes nos seus respectivos sectores, como a ciencia ou rural, para que o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) coñeza e teña referentes femininos en sectores laborais onde actualmente non existe paridade de xénero. A iniciativa estivo hoxe dirixida ao alumnado do IES de Allariz, un acto no que López Abella avogou “por unha ciencia en igualdade de oportunidades que sexa sinónimo de máis oportunidades laborais e que aposte polo talento galego”.

López Abella destacou o traballo da Xunta para consolidar o enfoque de xénero e fomentar a incorporación e promoción profesional das mulleres nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Neste senso, puxo en valor a Unidade Muller e Ciencia, o órgano onde se aprobou o pasado ano o III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 que está a executar o Goberno galego e que, cunha dotación de 45 millóns de euros, ten como obxectivo incorporar 600 mulleres ao eido investigador e outras 30 a postos de carácter directivo.

A Unidade Muller e Ciencia é a promotora de Nin + Nin -, iguais no que participaron xa preto de 2.000 alumnas e alumnos da ESO e 80 docentes de 17 institutos galegos nas dúas primeiras edicións. O reto da iniciativa é concienciar ao alumnado de que cada persoa pode ser o que queira ser, sen importar o xénero. Neste curso están a tomar parte no proxecto trece institutos de doce concellos galegos, como é o caso do IES de Allariz.

O acto contou coa asistencia de Elena Vázquez Cendón, experta da Unidade de Muller e Ciencia e galardoada en 2022 co Premio María Josefa Wonenburguer co que a Xunta recoñece desde 2017 a mulleres galegas pioneiras e referentes na ciencia e na tecnoloxía para facer chegar á sociedade as súas contribucións.  A matemática e investigadora Elena Vázquez Cendón, destaca polo seu labor pola vocación e vontade de resolver problemas cotiáns para mellorar a vida.

Relacionadas

A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá...

0
— Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico — No caso do xabaril, o período xeral para exercer a...

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a creación de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá...

Medio centenar de administrativos dos Centros de Saúde da Área Sanitaria de Pontevedra e...

0
― Esta formación presencial, celebrada esta mañá no salón de actos do Hospital Provincial, é froito da colaboración entre a Área Sanitaria pontevedresa e...

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a...

0
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados,...

Rueda destaca o papel dos empresarios á hora de facer avanzar Galicia e convertela...

0
― Resalta a posta en marcha cunha Oficina de Coordinación Económica para avaliar os grandes proxectos e xestionar os fondos europeos ― Salienta a aposta...

Luis Menor na Casa de Galicia en Madrid: “O AVE é ese factor de...

0
O presidente da Deputación participou esta tarde na capital do Estado na presentación do libro “Ourense, ”, do escritor e xornalista ourensán Moncho Conde...

Publicacións Relacionadas