Roi Fernández defende a necesidade e as vantaxes de incorporar unha visión global na que se inclúan as distintas fases do ciclo da auga e dos seus usos (captación, tratamento, depuración…), así como ao conxunto dos axentes implicados e da sociedade en xeral
, tal e como explicou o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, durante a súa intervención na mesa redonda Como a dixitalización está revolucionando a xestión da auga nas comunidades autónomas e entidades supramunicipais, no marco do Spain Smart Water Summit 2024 que se está a celebrar en Madrid.
Máis polo miúdo, Roi Fernández expuxo as accións que está a desenvolver o Goberno galego na monitorización e dixitalización do ciclo natural e do uso da auga. Así, explicou que se está a profundizar na transparencia e na administración dixital e próxima á cidadanía con coñecemento do uso da auga coa regularizacion das inscricións no Rexistro das augas co obxectivo de adecualas ás prescricións do Regulamento do Dominio Público Hidráulico.
No que atinxe á xestión do ciclo de uso da auga, o director do organismo de conca lembrou que a Xunta lanzou un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento en alta e optimizar así o uso da auga controlando en tempo real a súa calidade.
A maiores, Roi Fernández explicou que o Goberno galego tamén está a levar a cabo accións de carácter integral, entre as que puxo como exemplo o proxecto Innovaugas 4.0, que ten como obxectivo responder a longo prazo ás demandas dos diferentes usos da auga para garantir o equilibrio co medio natural e os ecosistemas fluviais. Nesa liña, cómpre indicar que o proxecto desenvólvese en base a tres eixos: a mellora e innovación na xestión dos recursos hídricos, a resiliencia ao cambio climático e a incorporación do modelo de economía circular na xestión do ciclo de uso da auga.
Para concluír, Roi Fernández defendeu a necesidade e as vantaxes de incorporar á xestión dos recursos hídricos unha visión global na que se inclúan as distintas fases do ciclo da auga e dos seus usos (captación, tratamento, depuración…), así como ao conxunto dos axentes implicados e da sociedade en xeral.

