A Xunta celebra os 36 anos de traballo de Centro Ocupacional O Saiar na inclusión das persoas con discapacidade intelectual

adminON
Lectura mínima de 1

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou no aniversario do 36 aniversario do centro ocupacional O Saiar. Durante o acto, destacou o importante labor que desempeña a prol da inclusión das persoas con discapacidade intelectual na contorna.

Este aniversario coincidiu tamén coa celebración de Nadal da entidade, polo que se expuxeron diferentes traballos realizados ao longo do ano polos usuarios. Así, Begoña Abeijón destacou unha vez máis o esforzo dos membros de O Saiar que demostran en cada peza a súa habilidade e talento. Ademais, a directora xeral trasladoulles o compromiso da Xunta de Galicia de seguir impulsando iniciativas que supoñan unha mellora na súa calidade de vida.

Comparte este artigo