― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto,visitou a área recreativa na contorna da fonte da Feira que contou cunha axuda de 32.000 euros
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá o concello de Cartelle, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, co que o Goberno galego colaborou cunha axuda de máis de 32.000 euros para a recuperación ambiental da área recreativa da feira de Cartelle.
A directora xeral visitou a área recreativa na contorna da fonte da Feira que contou cunha axuda de 32.000 euros, e como indicou ten unha especial vinculación coa protección do medioambiente ao ao tratarse dun espazo moi ben situada dende o punto de vista social e ambiental para o desfrute da veciñanza, que precisaba dunha recuperación debido á degradación e deterioro que estaba tendo debido ás escorrentías e arrastres de auga derivadas das últimas tormentas.
Coas obras canalizase as augas e unha zona chaira delimitada sustentada por un muro en escollera mellorarase este espazo e evitarase que o seu deterioro aumente e se estenda a outras partes da zona verde.